A festa do cocido de Lalín

30 julio 2008

0.Antecedentes

Tal e como conta a galipedia [WLAL01-GALIPEDIA]:

«A Feira do Cocido de Lalín e unha festa gastronómica que se celebra cada ano o domingo antes do Entroido no concello de Lalín. A Feira do Cocido xorde no ano 1968 como iniciativa de difusión e comercialización dos productos típicos da comarca do Deza levada a cabo polos seis concellos dezaos (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón).

A primeira experiencia tivo por lema Unidos polo mesmo afán, a Feira do Cocido como tal xorde da tradición dun grupo de lalinenses que cada ano se xuntaba para comer cocido, de modo que o Concello de Lalín crea esta festa gastronómica poñendo en práctica as ideas xurdidas naqueles encontros.

A primeira Feira do Cocido celebrouse no ano 1969 por primeira vez, sendo unha das decanas entre as moitas festas gastronómicas celebradas na xeografía galega. Durante a súa longa traxectoria convertiuse nunha data senlleira no calendario festivo e gastronómico galego, achegándose a Lalín miles de persoas durante a súa celebración para provar este prato tradicional, que no concello dezao acada identidade propia.

No ano 1999 a Feira do Cocido foi declarada como Festa de Galicia de Interese Turístico por parte da Xunta de Galicia e vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que adoita colapsar Lalín coa chegada de máis de 50.000 persoas.

Dende o concello lalinense levanse a cabo múltiples iniciativas que teñen como fin a popularización do seu prato mais insigne e a promoción do municipio.Cabe destacar entre estas: a celebración do Mes do Cocido, entrega dos premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico, concertos, degustacións de cocido en diferentes cidades e países, celebración da mata tradicional, etc.

Entre os seus principais atractivos destacan: o desfile de Carrozas, comparsas e charangas; a posta en marcha de concertos e distintas actividades; e por suposto a propia feira, na que se expoñen os mellores productos das terras de Deza.»

1.Preparando a festa

Esta amencendo o día, e xa dende primeira hora da mañán, as charangas e bandas enchen o espazo sonoro de lalín con sons musicais que noutro tempo non se escoitarían. Os coches dos forasteiros tamén xa se empezan a notar nesta mañán dun domingo que, outro calquera de inverno tería sido moito maís tranquilo, pero no día do cocido, enchese de sonoridades de festa galega.

Once menos cuarto da mañá. Foi un día chuvioso… Na praza da igrexa as cousas están despertando (¿resaca?) Algún coche, algunha xente paseando, a igrexa dando as campanadas…

Antes do desfile, unha charanga anima ós festeiros. A xente fala e rí, o ambiente caldease, deixou de chover e a xente aproveitao para disfrutar algo da festa. Barullo, barullo e maís barullo… Barullo de dia de festa no cocido de lalín.

Once e Cuarto da maña. Feira, cocido, carnaval e festa… e nunha festa non poden faltar as charangas, e o barrullo da xente… e moito menos se estamos falando do carnaval… Ganas de festa nun día de crudo inverno de Galicia.

2.Na feira

Once e media da maña. Xente na feira… Música ao fondo. É un día frio, a xente tose… barullo e maís barullo no día do cocido, inda que podería ser calqueira feira de inverno de calquer lugar de Galicia.

Entrando na feira, a xente fala e comenta das suas historias, do tempo, da vida, de todo

Case é mediodía. No bochinche do campo da feira, a xente tomalle un algo mentres fala do mal dia que fai este ano para a festa. Mentres o patrón move pocillos e vasos de tubo de un lado para outro. No fondo a música tenta manter os animos arriba a pesar do mal tempo…

Doce e cuarto da maña. Nos postos da feira a xente compra, vende, regatea, negocia… O xénero vai e ven daco pacolá… O do posto das cintas pon a xente a bailar, no chiringo da comisión tamen hai música, os cachibaches dos chinos e os nejros tamén montan barullo… as queixeiras anunciando o seu xenero… e algún feirante sacando a auga das lonas do seu posto… Sonoridade de postos de feira un dia de festa a principios do seculo XXI… Unha paisaxe sonora que dificilmente é escoitable fora da Galicia moderna.

Son as doce e media do mediodía… Festa. É unha festa sen bombas de palenque non é festa… É aqui hainas, abofé que sí. Apreciase o son directo das explosión e o rebotes colorados en armónicos agudos das mesmas xunto con algún efecto de reverb. Por baixo, a xente segue como se non pasara nada.

3.Desfilando

Son as 12 e media do mediodía pasadas. Rúa principal antes do desfile. A xente espera paciente a que empecen a desfilar as carrozas, falando e contando historias, ao fondo, unha charanga monta barullo e anima aos curiosos para que non se lles enfrie de maís o ánimo, a megafonía dispara a milladoiro en espera de que chegen os jerifaltes e poida comezar todo o tingaldo…

Chegou por fin o desfile… A xente apelotonase para ver algo, chillan, gritan, chaman polos seus, comentan os disfraces… O presentador vai falando e indicando polos altavoces, que é o que está vendo… As comparsas desfilan cos seus disfrazes e músicas… sonoridade de carnaval de Galicia.

Desfile de carrozas na festa do cocido de Lalín… A xente fala e comenta a xogada, mentres unha voz pola megafonía vai indicando cales son as comparsas que se están a ver. I estas a montar barullo… Moito barullo que para eso se está de festa. A palabra maís escoitada do día: Paraugas.

Desfile de carrozas na festa do cocido de Lalín… As carrozas e as súas charangas cantan e tocan, e os seus sons confúndense cos da xente que as está a mirar, e co do presentador do evento (que este ano era da Coruña;) sonoridade de festa no inverno de Galicia.

Desfile de carrozas no sambrodomo de Lalín 😉 o día do cocido… Pasan as comparsas alegrándolle o día a xente que fala e comenta as mesmas ao seu paso. Ao fondo o comentarísta retransmitindo o desfile a través da megafonía

Desfile de carrozas na feira do cocido en Lalín… Carrozas montando barullo, xente falando, i en resumen, sonoridades de festa de carnaval… en Lalin (k non é rio de xanerio 🙂

Esto non é américa. É lalin, inda que pareza o missuri americano. Unha carroza atrona (hipersaturando o equipo de audio da súa carroza) ca música para o seu show, i a xente encantada, vendo a unhas peculiares clones de marilín. Lástima de imaxe 😉 Tímidamente algunhas voces atrévense a loitar contra a megafoniía para falar cos que teñen ao lado. Ó final da gravación a maquinaria dos servicios de limpeza municipal tenta desfacer algo o desaguisado de confettis, papeis e demáis caralladas varias. Ao final, acabouse o desfile e a xente dispérsase.

4.Despedida e cierre

Chegou a hora!!! O desfile acaba de rematar e agora a xente diríxese cara o mellor sitio onde se poida axenciar un bó cocido que meterse ao corpo. K co frio que vai, seguro que presta. Xente falando con prisa en grupos, que pouco a pouco van desaparecendo ata configurar un ambiente de tranquilidade sonora que non evidencia o barullo que hai apenas un cuarto d’ora había na zona.

.