Concierto de Durán Vázquez en el Hacklab

30 marzo 2007

El País, por Paula González. 21-03-2007

«Además de la experimentación, centrada en el Espacio Anexo, Escoitar ha diseñado para los dos próximos meses un programa de actividades paralelas que incluye talleres abiertos todos los martes, miércoles y jueves entre las 17.00 y las 21.00 horas y los viernes de 17.00 a 19.00 horas. En estos talleres habrá sistemas de grabación portátiles que podrá usar quien lo desee para colaborar en la construcción del mapa sonoro de Vigo. Este viernes habrá un concierto del artista sonoro Durán Vázquez.»

Xornal.vigo.org venres, 23 de marzo 2007

«Continúan as actividades paralelas de Escoitar.org cun concerto de Durán Vázquez

O programa de actividades paralelas do proxecto ‘ESCOITAR.ORG. Laboratorio de audio’ continúa no Espazo Anexo do MARCO cun concerto do artista sonoro Durán Vázquez hoxe venres a partir das 19.00 horas.

Durán Vázquez (Vigo, 1979) publicou o seu primeiro disco («Pigua, Megapigua») en 2003. Actualmente traballa co selo discográfico «Crónica Electrónica», de orixe portuguesa e proxección internacional. Representante galego no festival Sónar de Barcelona no 2004, levou a súa música ao Festival LEM de Barcelona, a Galería Maus Hábitos de Porto e ao Festival SINSAL.

Durán Vázquez é tamén compositor de bandas sonoras para cine, como no caso de «Paranoias» (2003), unha curtametraxe da EGACI (Escola Galega de Cine), ou da súa colaboración co artista australiano Sumugan Sivanesan na obra «Goebbels´ Pupils», un vídeo experimental seleccionado para concurso polo 15º Festival Internacional de Arte Electrónica VIDEOBRASIL.

En 2005 a súa obra «Sueño Eléctrico Controlado» estivo entre as cinco seleccionadas polo xurado do I Concurso de miniaturas electroacústicas da Asociación Hablar en Arte, de Madrid. Na segunda edición do mesmo concurso (2006) figurou entre os cinco seleccionados coa obra «Chernobil, mon amour!». Actualmente é un dos artistas do Netlabel Alg-a, selo discográfico de Vigo con proxección internacional.

Máis información en www.cronicaelectronica.org e en www.escoitar.org.

Concerto DURÁN VÁZQUEZ
Data: venres 23 marzo
Lugar: Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Horario: de 19.00 a 21.00
Entrada libre ata completar aforo (50 persoas).»

VIDEO