Documentación da Audio-Acción SONOSFERA DE SANTIAGO, no Festival dos Abrazos
Preséntase a documentación xerada pola Audio-Acción «SONOSFERA DE SANTIAGO» dentro do Festival dos Abrazos, en Santiago de Compostela o venres día 21 de agosto de 2009. Artigos de prensa, intervencións en radios, fotos e un pequeno video para coñecer o funcionamento da acción.
Foto : Xavier Belho
O pasado venres día 21 de agosto o Colectivo Escoitar.org en colaboración con Alg-a.org presentou a súa Audio-Acción «MACRÓFONO : SONOSFERA DE SANTIAGO«, dentro das actividades do Festival dos Abrazos (segunda edición).
Seguindo estas liñas preséntanse algún documentos de prensa que xenerou dita acción artística.
EXTRACTOS DE PRENSA
¿Alguna vez alguien se ha parado a escuchar los verdaderos sonidos de la ciudad ? De eso se han encargado los miembros del colectivo artístico Escoitar.org, que acaban de presentar su audioacción Macrófono, dentro de la sección Abrazos Off del Festival dos Abrazos.
Héctor Juanatey, La Voz de Galicia
Compostela é unha cidade chea de sons, música e ruídos, que moitas veces o oído non pode captar tal e como soan na realidade. Para que a xente poida saber realmente cal é o o ambiente que hai nas rúas, o colectivo Escoitar levou pola zona vella de Compostela un micrófono inchable de sete metros de lonxitude gravando o ambiente.
Santiago Agra, Xornal de Galicia
Se tal como supón o filósofo Peter Sloterdijk, o ser humano é un experimento sonoro, habería que comprender o mundo como un sistema polifónico perfectamente engranado e onde cada territorio ten a súa paisaxe acústica. Non soa igual Galiza que Catabria, Etiopía ou Nepal. Nin Marín que Ferrol, nin as dunas de Corrubedo que as de África central. E ese ruído é identitario. E é a fonte da que bebe o proxecto Escoitar.org, unha asociación cultural dedicada á recuperación da memoria sonora galega que hoxe ás 13.00 horas aterra en Compostela -«unha cidade con moitos silencios»- para grabar parte do seu son dentro do programa do Festival dos Abrazos.
Marga Tojo, Galicia Hoxe e El Correo Gallego
Decididos a realizar un mapa sonoro de Compostela, os membros de Escoitar.org comezaron a súa tarefa co que eles chaman unha »escultura escoitadora». Durante uns 10 minutos, os compoñentes permaneceron inmóbiles e ca boca tapada con esparadrapo, escoitando. No punto de partida, a praza do Toural, os turistas miraban curiosos a performance e moitos preguntaban : »Y estos, ¿por qué protestan ?». Algúns simplemente aproveitaban para sacarse unha foto co micrófono xigante.
Íria López, O progreso de Lugo e Diario de Pontevedra
INTERVENCIÓNS EN RADIOS
Neste artigo facilítanse os audios de dúas das 6 intervencións en emisoras FM de Galicia (Radio Galega, Radio Obradoiro e Radio Voz)
Diario Cultural (Radio Galega)
Escoitar.org no Diario Cultural (RTVG, Radio Galega) by chiulongina
Radio Voz (Programa conducido por Alberto Fernández)
Chiu Longina en Radio Voz, sobre a performance Sonosfera Santiago do Festival dos Abrazos by chiulongina
VIDEO-CLIP DO EVENTO
FOTOS DO EVENTO
Links para descargar fotos :
http://www.flickr.com/photos/chiulongina/sets/72157621993000501/ http://www.flickr.com/photos/chiulongina/sets/72157621992825813/
MAPA SONORO DE SANTIAGO (da Web Escoitar.org)
LINKS Á PRENSA
«Historia dun micro xigante», Cultura Galega, 24-08-09
«« Macrófono » para trazar el mapa sonoro de Santiago», La Voz de Galicia, 22-08-09
«Na busca do son da cidade de Santiago», Xornal de Galicia, 22-08-09
«O son, ese gran misterio», Xornalgalicia.com, 19-08-09
«A sonosfera da cidade», Galicia Hoxe, 21-08-09
«A sonosfera da cidade», El Correo Gallego, 21-08-09
‘Escoitar.org’ ou como poñer a orella nos pode axudar a ser mellores persoas, Diario de Pontevedra e Progreso de Lugo
«Maratón de sonidos en Santiago», La Voz de Galicia, 26-08-09 «Performance dixital para ver como soa Santiago», Compostela Cultura, 21-08-09