[En palabras de…] Brian Eno
«Realicei un experimento. Desde que o fixen, creín que era un bo exercicio para recomendar aos demais. Levei un grabador DAT a Hyde Park e preto de Bayswater gravei un fragmento de calquera son que acontecese: coches pasando, cans, xente. Non lle presteí demasiada atención e fun a casa a escoitalo no meu reproductor. De repente tiven esta idea. ¿Que ocorrería se tomo unha sección -unha sección de 3 minutos e medio, a duración dun single- e intento aprendela? E isto foi o que fixen. Púxeno no SoundTools e fixen un fundido inicial, deixeino soar durante 3 minutos e medio e fixen un fundido final. Empecei a escoitalo, unha e outra vez. En calquera sitio que traballase, podería escoitalo. Copieino nun DAT vinte veces ou máis, para que soase constantemente. Intentei aprendelo, exactamente como faría cun tema musical: oh si, ese coche, acelera o motor, as revolucións no motor aumentan e entón ese can ladra, e agora escoitas esa pomba desaparecer por aquel canto. Foi un exercicio extremadamente interesante, sobre todo porque descubrín que podes memorizalo. Algo que é completamente arbitrario e está desconectado, coas suficientes escoitas, adquire coherencia. Podes imaxinar perfectamente que alguen o compuxo: «perfecto, puxo ese fragmento alí e ese patrón está xusto nese mesmo momento no que está sucedendo. ¡Brillante! Desde que o fixen, podo escoitar as cousas dun modo diferente. É como poñerse no papel dun receptor de arte, simplemente decidindo, agora eu ocupo ese lugar».
Brian Eno (citado en Toop, David: Ocean of sound. London: Serpent Tail. 2001. Pag. 129)