Escoitar.org e o “O Tren do Serán”, Radio Galega
https://xscxxtxr.org/otrendoseran/
Escoitar.org abre un espazo de reflexión sobre sons en perigo de extinción do país en colaboración co programa O Tren do Serán da Radio Galega, conducido por Cristina Lombao. A sección de Escoitar.org neste programa pódese escoitar os mércores ás 18.30h.
[…] Gustarianos contar coa túa participación para coñecer de primeira man aqueles sons que merece a pena conservar e que deberían formar parte do Patrimonio Sonoro de Galicia. Nesta sección da web de Escoitar podes escribirnos para suxerir o rexistro dalgún son. En canto sexa posible gravaremos ese son para incorporalo ó Mapa de Galicia […]
Ata o momento moitos foron os oíntes que chamaron ó programa para suxerir o rexistro de sons, van algúns extractos das conversas cos oíntes (os programas completos pódense escoitar na web)
28 de novembro
[…] Preguntámoslle a Javier que son debería estar rexistrado e incorporado ó mapa sonoro de Galicia e comentounos que lle gustaría que se gravase o Batán, (unha especie de martillos grandes de madeira que se poñían nos ríos para bater no liño, movidos pola forza da auga, como os muiños. Invitounos a desprazarnos á Finca de Alea, en Alfoz, Lugo). Uns minutos despois chamou Ana (de Barreiros) e acertou de cheo: A Festa do Cocido de Lalín. Ana di que o son do mar é imprescindible para coñecer a personalidade acústica de Galiza.
E de postre chamou Maricarmen (de Redondela, que xa sabía que o son correspondía a Lalín), e comentounos que tiñamos que gravar o cantar dos carros de vacas, que foi o son que pechou o programa este día.
******************************
5 de decembro
[…] Chamou Miguel dende Samieira (Miguel é do Deza, pero estaba viaxando), […] Este oínte propón que un dos sons que poderían formar parte de mapa sonoro de Galiza debería ser o son da Alfadeira (una aparato que se usaba para limpar o trigo despois de mallalo).
Uns minutos despois […] chamou Manuel dende Noia (natural da Serra de Outes), […] Para Manuel un dos sons que debería formar parte do mapa acústico de Galiza é o do vento acariciando os pinos da Serra de Outes, que según o ointe, estes pinares centenarios están en verdadeiro perigo de extinción.
******************************
12 de decembro
[…] chamou Manolo dende Ourense, […] comentou que un dos sons que deberían estar gravados (para a súa conservación), era o cantar dos carros de vacas. Xa non é a primeira vez que nos comentan este son, con esa musicalidade tan especial, e que xa forma parte do imaxinario sonoro de toda unha xeración de galegos. […] despois da chamada do ointe de Ourense falouse da importancia das sinais acústicas “que van máis alá da vista, informan do que o ollo non vé”, e dos sons relacionados con elas na cultura galega. Cristina Lombao, a conductora do programa, comentou que sería necesario gravar “O Buceiro”, que viu en Cerdedo (o buceiro é unha concha que utilizábase para chamar ós veciños ou avisar e alertar dalgunha cousa). Queda pendente logo a súa gravación.
******************************
19 de decembro
[…] chamou Javier de Monforte, que estaba de viaxe cara A Coruña. […] Preguntámoslle sobre algún son que estea en perigo de extinción e comentounos que un deles é o Canto das Papuxas (paxaros en extinción, no Val de Lemos e no Val do Pas en Santander, emigran dende Gran Bretaña e chegan en setembro -fanse empanadas con eles-).
******************************
26 de decembro
[…] chamou Insua de Barqueiro, que tamén o tiña claro, e comentou que un dos sons interesantes para rexistrar no seu pobo é o da Noite Meiga, nas festas patronais do Barqueiro (a fin de semana máis próximo ao 8 de setembro). Esta Noite Meiga é unha representación na que interveñen ata 70 persoas da localidade. Ás 22 h, as bruxas chegan ao porto, en onde recíbenas con lumes de artificio, e soben en conexo ata a praza do Mesón, onde intentan feitizar á xente cos seus bailes. As loces apáganse ao seu paso. Cando préndese a queimada e un brujo le o conxuro, o mal desaparece ata o ano seguinte. Queda logo pendente a gravación deste son.
E Xosé Manuel de Laxe, que chamou tamén nese intre, comentou que cando sopra do Nordés (e non chove), algúns habitantes de Laxe “bruen e berran” e suxire a gravación destes berros que tanto sorprenden os visitantes.
********************************