Escoitar.org na semana santa da coruña 2011

23 abril 2011

O noso compañeiro, Jesús Otero seoane, está realizando un traballo de campo sobre a paisaxe sonora da semana santa na coruña. Durante os próximos días recolleránse as distintas procesións que se leven a cabo na cidade para publicar posteriormente os resultados destas gravacións na nosa páxina web.

Podedes consultar unha lista de todas as paisaxes recollidas no seguinte artigo que iremos actualizando conforme se vaian subindo as paisaxes :

Sons de Semana Santa na Coruña

Se estades na coruña de procesión, e encontrades un personaxe extraño, colgado dun microfono, no medio dunha procesión, non vos preocupedes : somos nos, en plena acción.