Escoitar.org no Encuentro Iberoamericano sobre Paisajes Sonoros
Co obxectivo de intercambiar informacións e métodos de traballo e compartir a nosa diversidade sonora, preséntase este Encontro Iberoamericano sobre Paisaxes Sonoras no marco do Festival América España da Orquestra e Coro Nacionais de España (OCNE). Celébrarase en Madrid, no Auditorio Nacional de Música, entre o 12 e o 15 de Xuño próximo, e será unha oportunidade única non só para discutir, escoitar e intercambiar ideas e materiais entre especialistas senón tamén para dar a coñecer as bases conceptuais e as principais aplicacións deste campo a todos os interesados.
A Paisaxe Sonoro móvese nun ámbito musical de formulacións abertas e pluridisciplinares con múltiples implicacións e aplicacións (composición musical, comunicación acústica, ecoloxía acústica, contaminación acústica, patrimonio inmaterial, pedagoxía musical, xeografía sonora, urbanismo sonoro…). Partindo dunha información e de conceptos básicos que permitan comprender a importancia e o alcance deste campo do son mostraranse, mediante conferencias, debates e audicións, os logros realizados polos principais grupos, artistas e investigadores que desenvolven esta actividade en España e Latinoamérica.
Escoitar.org presenta o seu proxecto da man de Juan-Gil López, un dos nosos musicólogos, será o xoves día 14 de xuño (2007) no Salón de Actos do Auditorio Nacional de Música de Madrid.
O RESTO DO PROGRAMA
Martes 12
Conferencias e debates
Coa participación de Alfredo Aracil, Francesc Daumal e José Luis Carles.
Mércores 13
Conferencias e debates
Coa participación de Leonardo Fiorelli, Lluís Antonio Gutiérrez Cabrero e Cristina Palmese
Xoves 14
Conferencias e debates
Coa participación de Janete El Haouli, Juan-Gil López e Ricardo Atienza
Venres 15
Conferencias e debates
Coa participación de Ramón Pelinski e Luis Barrié