Escoitar.org, paseo sonoro por Corme

31 marzo 2007

Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes.

Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saudable.

Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos o “Postaís Sonoras”, e construir un mapa de situación (online) e unha descripción destes lugares a través da sua paisaxe sonora contribue á construcción da identidad dunha zona xeográfica; o son como patrimonio, o son como documento histórico. Todo gracias ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático.

O equipo do HackLAB Escoitar.org viaxa a Corme este luns 2 de abril de 2007 para gravar un paseo sonoro entre Corme e o Roncudo. Traballaremos ó carón das percebeiras de Corme.