Escoitar.org, xira verán 2007. A Coruña

16 julio 2007

CadraCoruña

Escoitar.org vai de xira polo norte de España. Neste caso trátase da experiencia na cidade da Coruña na que membros do Centro Coreográfico Galego bailaron paisaxes sonoras da cidade en colaboración co proxecto Escoitar.org.

Concevida como unha paisaxe sonora para ser bailada CadraCoruña é unha creación que busca expandir a escoita somerxéndonos nun espazo cuadrafónico. Herdeira da panauralidad de John Cage incide no perfil acústico de A Coruña no que conviven sons de moi diferente natureza.

CadraCoruña está realizada a partir de gravacións de campo co fin de revelar a musicalidade dos trazos sonoros que acompañan os ciclos urbáns incentivando o noso coñecemento acústico da contorna inmediata a través dunha experiencia estética múltiple -son e danza- que evidencia a complexa realidade sonora desta cidade.

Grazas a Cultura de Comunicación pola súa sensibilidade co son que nos rodea.