Escoitar.org y el programa “O Tren do Serán”, en Radio Galega

6 mayo 2008

https://xscxxtxr.org/otrendoseran/

Escoitar.org abre un espacio de reflexión sobre sonidos en peligro de extinción en Galicia en colaboración con el programa «O tren do Serán» de la Radio Gallega, conducido por Cristina Lombao. La sección de Escoitar.org en este programa se puede escuchar los miércoles a las 18.30h.

[…] Gustarianos contar coa túa participación para coñecer de primeira man aqueles sons que merece a pena conservar e que deberían formar parte do Patrimonio Sonoro de Galicia. Nesta sección da web de Escoitar podes escribirnos para suxerir o rexistro dalgún son. En canto sexa posible gravaremos ese son para incorporalo ó Mapa de Galicia […]

Hasta el momento muchos fueron los oyentes que llamaron al programa para sugerir el registro de sonidos, a continuación algunos extractos de las conversaciones con los oyentes (los programas completos se pueden escuchar en la web)

28 de novembro

[…] Preguntámoslle a Javier que son debería estar rexistrado e incorporado ó mapa sonoro de Galicia e comentounos que lle gustaría que se gravase o Batán, (unha especie de martillos grandes de madeira que se poñían nos ríos para bater no liño, movidos pola forza da auga, como os muiños. Invitounos a desprazarnos á Finca de Alea, en Alfoz, Lugo). Uns minutos despois chamou Ana (de Barreiros) e acertou de cheo: A Festa do Cocido de Lalín. Ana di que o son do mar é imprescindible para coñecer a personalidade acústica de Galiza.

E de postre chamou Maricarmen (de Redondela, que xa sabía que o son correspondía a Lalín), e comentounos que tiñamos que gravar o cantar dos carros de vacas, que foi o son que pechou o programa este día. ******************************

5 de decembro

[…] Chamou Miguel dende Samieira (Miguel é do Deza, pero estaba viaxando), […] Este oínte propón que un dos sons que poderían formar parte de mapa sonoro de Galiza debería ser o son da Alfadeira (una aparato que se usaba para limpar o trigo despois de mallalo).

Uns minutos despois […] chamou Manuel dende Noia (natural da Serra de Outes), […] Para Manuel un dos sons que debería formar parte do mapa acústico de Galiza é o do vento acariciando os pinos da Serra de Outes, que según o ointe, estes pinares centenarios están en verdadeiro perigo de extinción. ******************************

12 de decembro

[…] chamou Manolo dende Ourense, […] comentou que un dos sons que deberían estar gravados (para a súa conservación), era o cantar dos carros de vacas. Xa non é a primeira vez que nos comentan este son, con esa musicalidade tan especial, e que xa forma parte do imaxinario sonoro de toda unha xeración de galegos. […] despois da chamada do ointe de Ourense falouse da importancia das sinais acústicas “que van máis alá da vista, informan do que o ollo non vé”, e dos sons relacionados con elas na cultura galega. Cristina Lombao, a conductora do programa, comentou que sería necesario gravar “O Buceiro”, que viu en Cerdedo (o buceiro é unha concha que utilizábase para chamar ós veciños ou avisar e alertar dalgunha cousa). Queda pendente logo a súa gravación.

******************************

19 de decembro

[…] chamou Javier de Monforte, que estaba de viaxe cara A Coruña. […] Preguntámoslle sobre algún son que estea en perigo de extinción e comentounos que un deles é o Canto das Papuxas (paxaros en extinción, no Val de Lemos e no Val do Pas en Santander, emigran dende Gran Bretaña e chegan en setembro -fanse empanadas con eles-).

******************************

26 de decembro

[…] chamou Insua de Barqueiro, que tamén o tiña claro, e comentou que un dos sons interesantes para rexistrar no seu pobo é o da Noite Meiga, nas festas patronais do Barqueiro (a fin de semana máis próximo ao 8 de setembro). Esta Noite Meiga é unha representación na que interveñen ata 70 persoas da localidade. Ás 22 h, as bruxas chegan ao porto, en onde recíbenas con lumes de artificio, e soben en conexo ata a praza do Mesón, onde intentan feitizar á xente cos seus bailes. As loces apáganse ao seu paso. Cando préndese a queimada e un brujo le o conxuro, o mal desaparece ata o ano seguinte. Queda logo pendente a gravación deste son.

E Xosé Manuel de Laxe, que chamou tamén nese intre, comentou que cando sopra do Nordés (e non chove), algúns habitantes de Laxe “bruen e berran” e suxire a gravación destes berros que tanto sorprenden os visitantes.

********************************