Bucinas na manifestación de transportistas do 21 de marzo de 2022
O 21 de marzo do 2022 os transportistas levaban 8 días de paro indefinido cando sacaron os vehículos á rúa por varias cidades, entre elas Santiago de Compostela. Percorreron a Avenida de Lugo ocupando todos os carrís mentres facían soar as súas bucinas, pasando xusto por debaixo da miña casa.
Durante máis de tres horas fixeron ruído cos seus camións, coches, autocares, tractores… As frecuencias vibraban unhas coas outras, corrían dun lado a outro da rúa e compoñían as súas propias harmonías.
Estes son algúns fragmentos das gravacións:
01-01
Inicio / Ruído de fondo / Voces / Son sostido / Tendencia a soar nunha nota: Do / Varios planos sonoros / Voces
5:44
01-02
Suave / Ruído de fondo / Ambiente / Unha mesma nota sostida: Sol / Organización interna / Voces / Afinación
4:02
02-01
Masa sonora / Crescendo / Bucinas fortes / Bucina de camión en primeiro plano / Cadencia rítmica
8:03
02-02
Masa sonora / Disonancia / Vibración entre frecuencias / Sons raros
4:24
02-03
Dúas partes: 1 Masa lonxana. 2 Masa cercana / Disonancia / Cortar principio
6:20
03-01
Corto / Mesma nota varios vehículos / Ritmo / Saturado / Duro / Crescendo cara ao final
2:48
03-02
Longo / Comeza forte pero logo calma / Ambiente / Narrativo
11:30
03-03
As bucinas tocan músicas / Bella Ciao
5:20
04-01
Ambientes / Bucinas soltas / Illadas / Silencios
5:11
06-01
Ruído continuo / Varias bucinas / Barullo / Nos últimos minutos prodúcese unha cadencia tonal interesante
5:39
06-02
Harmonías / Organización interna / Sorprendente
4:37
07-01
Crescendo / Decrescendo
5:44