Itinerario Santiago [primavera]
«[…] Recuerdo sobre todo que las primaveras compostelanas se nos antojaban eternas. La lluvia sólo era un accidente, pero el sol: el sol era el mundo entero, la naranja de Eluard. Yo viví en Pelamios, en la Algalia de Abaixo y también en Preguntorio y atravesaba todas las mañanas la plaza de Cervantes, paseaba incansablemente por el Toral, la Rúa Nova, revolvía en las librerías de lance, compraba fruta en el mercado de abastos, monumento de piedra y verdín. Mis amigos se asomaban a las ventanas de sus pensiones y luego, sentados en la Quintana, nos dejábamos acariciar por el sol como tortugas, leyendo el periódico, tomando helados, estudiando para los exámenes finales. La Berenguela tañía con una placidez que ya no existe, una placidez que quería decir, el mundo es inmediato, todo ocurre en este mismo instante para siempre […]»
Blanca Riestra http://www.obradoiro.org/literatura/tanlejos.htm
Este é un pequeno proxecto fonográfico comparativo que reflexiona sobre os cambios sonoros que se producen no discurrir das estaciones do ano. Centrado nunha serie de espacios públicos se presenta unha paisaxe sonora urbana en evolución na que os mesmos lugares se revelan acústicamente diferentes ó longo do ciclo anual. Se pretende poñer de manifesto unha “liquided” sonora na que, ademaís das diferencias atmosféricas e as posibles eventualidades, interveñen os hábitos sociais e culturaís.
Acerca dos espacios
Fonte das citas: http://www.santiagoturismo.com</ww.santiagoturismo.com]
_Santo Domingo de Bonaval
“Deixando a un lado o pequeno xardín de San Roque, situado en terreos que pertenceron ao hospital e á capela do mesmo nome, chégase á antiga horta e cemiterio do convento dominico, rehabilitada como parque urbano segundo proxecto dirixido polo arquitecto portugués Álvaro Siza.
Ao parque accédese polo estratéxico pasadizo que conforman as arquitecturas contrastadas de dous museos: o Centro Galego de Arte Contemporánea –CGAC-, de deseño actual obra do propio Siza, e o Museo do Pobo Galego, aloxado no que foi convento medieval.
Situado sobre unha ladeira que mira ao poñente, ofrece vistas sorprendentes dos tellados da cidade, ás que o artista Chillida dedicou unha escultura que encadra intencionadamente unha visión da cidade […] Respecta a estrutura tripartita da propiedade monacal: horta, carballeira e cemiterio.
[…] O arboredo histórico completouse con novas especies, o que lle confire ademais un especial interese botánico, destacando a carballeira”.
[Otros datos: Extensión: 36.963 m2, pendiente pronunciada, minas de agua, estanques]
_Igrexa das ánimas (S. XVIII. Neoclásico)
«Obra de Miguel Ferro Caaveiro, revisada por Ventura Rodríguez y terminada en 1784. Las obras fueron costeadas con las limosnas de los devotos de las ánimas del purgatorio. En la fachada neoclásica, las columnas jónicas de orden gigante sostienen un gran frontón. En el centro figura un bajo relieve con las ánimas ardiendo en el fuego del purgatorio y en la cima dos ángeles adorando la cruz. La nave es de planta salón con capillas a los lados. Destacan en el interior los retablos de Prado Mariño».
_Praza de Cervantes
«A praza de Cervantes era coñecida no século XII como o ‘Foro’, por ser punto de reunión popular e o lugar onde o pregoeiro lía os acordos municipais e as ordenanzas do Arcebispo. Por esta vocación informativa, unha das súas rúas, de importante actividade comercial, denomínase ‘do Preguntoiro’. Fai esquina co edificio levantado en 1682 para o antigo Concello, que ocupou o soar durante 200 anos, desde 1583 ata o seu traslado en 1787 ao palacio de Raxoi. Hoxe é o único edificio municipal barroco que se conserva intacto en Galicia. Unha restauración interior permitiu identificar as antigas escribanías, o oratorio, o arquivo e os alxubes: sábese que na praza chegaron a realizarse autos de fe en tempos da Inquisición e que nela estivo situada ata 1570 a columna en torno á cal se impartía xustiza e a cuxo pé se situaba o patíbulo[…]
Posteriormente, ao especializarse na venda de alimentos e mercadorías, o espazo adquiriu o nome de ‘praza do Campo’ e categoría de mercado principal […]
Trasladado o mercado á Praza de Abastos a finais do século XIX, a praza adquiriu o nome definitivo de Cervantes […]”
_Praza da Quintana
«A praza aparece dividida en dous planos. A parte inferior, a Quintana de Mortos, foi lugar de enterramento ata 1780, cando por razóns sanitarias e falta de espazo se optou polo cemiterio de San Domingos de Bonaval, e máis tarde, polo actual camposanto de Boisaca. A parte superior de praza é, por contraposición, a Quintana de Vivos.
O impoñente muro do mosteiro de San Paio de Antealtares delimita o conxunto polo leste. Alfonso II fundouno no século IX para custodiar o sepulcro do Apóstolo, función que no século XI asumiu o Cabido catedralicio. Os moxes beneditinos foron substituídos no século XV polas beneditinas de clausura que hoxe habitan este edificio […]
A torre do reloxo da Catedral. Recibe o curioso nome de Berenguela en honra ao arcebispo Berenguel de Landoira, que ordenou a súa construción no século XIV. Daquela era un robusto cubo defensivo no que as ameas non superaban a posición actual do reloxo. O arquitecto Domingo de Andrade engadiu o remate e a ornamentación barroca que rodea á meirande das campás da Catedral, tamén chamada Berenguela, de 14 toneladas de peso, cuxa nota do grave pode oírse marcar as horas.
Á súa dereita ábrese o pórtico Real, lugar de saída das procesións litúrxicas. O longo muro barroco que protexe a cabeceira románica da Catedral continúa cara á porta Santa […]
Os extremos sur e norte están ocupados por dúas casas barrocas […] a casa da Conga ou dos Cóengos, conxunto formado por catro vivendas construídas en 1709 por Domingo de Andrade e rematadas por Casas e Nóvoa […e] a casa da Parra, que debe o seu nome ás froitas pétreas –vides e pámpanos- que deixou o Barroco na súa porta principal. Edificada por Andrade para o Cabido catedralicio en 1683 […]”
_Praza de Platerías
“A praza sur da Catedral, que debe o seu nome aos obradoiros de ourives situados desde a Idade Media nos baixos con soportais do claustro, está dominada pola única fachada románica que conserva a Catedral. Data do ano 1078 ou 1103 e foi severamente danada durante os alzamentos populares contra o arcebispo Xelmírez, na segunda década do século XII, polo que foi reconstruída poucos anos máis tarde. Nos séculos posteriores engadíronselle máis figuras románicas procedentes da chamada porta do Paraíso, ao lado norte da Catedral, para crear un conxunto de rica iconografía […]
No centro da praza, a fonte dos Cabalos do século XIX álzase contra a casa do Cabido, decorada con motivos xeométricos típicos do barroco compostelán. Trátase dunha verdadeira cortina de pedra de apenas tres metros de fondo, levantada polo arquitecto Fernández Sarela en 1758, coa intención de pechar de maneira case teatral a praza.
Á súa esquerda, no arranque da rúa do Vilar, atópase a casa do Deán. Esta casa-pazo do século XVIII, obra de Fernández Sarela, foi hospedaxe dos bispos que visitaban a cidade […]”
_Praza do Obradoiro
******RUTA DO ARQUIVO MP3*****
“[…] O seu nome galego parece derivarse dos talleres (obradoiros) de canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da Catedral, que domina a praza […]
Os edificios que pechan a praza -a Catedral, o Hostal dos Reis Católicos, hoxe parador nacional e antes hospital de peregrinos; o colexio de San Xerome, sede do Reitorado da Universidade, e o palacio de Raxoi, sede do Concello de Santiago- son representación dos principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a Administración.
Esta praza ten, pois, a calidade de resumir os usos e a historia milenaria da cidade. Un xiro de 360 graos permite recoñecer a simple vista a presenza de distintos estilos arquitectónicos, xurdidos en máis de 700 anos de construción”.
Datos técnicos
HiMD SONY MZ-RH10 micrófono Binaural Soundman OKM+adaptador A3