Parque nacional das illas atlánticas I.

7 diciembre 2007

 

PROXECTO FONOTOPÍAS DE GALIZA – SONS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 

Parque nacional das illas atlánticas I

Proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

«As Cíes teñen a súa orixe, entre outros procesos, en movementos tectónicos (elevación e afundimento de bloques asociados á orixe das rías Galegas, que se produciron dende mediados do terciario ó cuaternario (hai millóns de anos).

O substrato xeolóxico constitúeo case na totalidade o granito de dúas micas. O relevo das lllas presenta dúas vertentes con características morfolóxicas diferentes.

A vertente occidental, constitúe a costa abrupta das illas onde a acción erosiva do mar da lugar a altos acantilados e furnas. A vertente oriental caracterízase por un perfil moito máis suave atopándose protexida da acción erosiva do vento e do mar que permite a formacion de praias, dunas e similares. Os tipos de solos presentes van ligados sobre todo á topografía. Nas ladeiras con fortes pendentes predominan os solos esqueléticos ; na vertente occidental hai solos desenvolvidos sobre materiais disgregados ; nas áreas protexidas da erosión e con boa cobertura vexetal aparecen «Cambisoles», mentres que no litoral areoso existen «Arenosoles». Todos son, en xeral, pobres e con poucas posibilidades. As illas Cíes presentan aspectos que diferencian este territorio da maior parte da Galicia atlántica e que condicionan as especies vexetais que nelas se desenvolven. A escasa precipitación anual (877 mm, case a metade do que chove en Vigo) e a notable seca estival, dan lugar a unhas condicións equiparables ás das rexións de clima mediterráneo. Existe ademais un factor que no arquipélago adquire unha especial importancia : a existencia de ventos con altos contidos en sales, que afectan negativamente ó desenvolvemento das árbores.»

Información orixinal :Consellería de Medio Ambiente

Illas Cíes – Camiño dá plaia dás rodas

A electricidade na illa é producida por motores de gasoil xerando un ruído denso e continuo.

Illas Cíes – Praia dás Rodas dende o cemiteiro.

Escoitamos o ruído propio da actividade humana nesta praia tan visitada da illa.

Illas Cíes – O mar dende o observatorio de aves.

Son do mar estrelándose contra os acantilados e as gaivotas resoando no abismo.

Illas Cíes – Camiño cara a o faro

Este en unha paisaxe sonora dunha enorme variedade, nel escóitanse insectos, paxaros, e o vento axitando os pasteiros.

Illas Cíes – Escampado cerca dá pedra dá campá.

Nesta toma intentouse abarcar unha ampla área de vexetación montañosa onde unha especie de insecto tecía un denso contrapunto armónico.

Illas Cíes – Escampado cerca dá pedra dá campá 3

Neste campo aberto poden escoitarse varias especies de insectos dialogando e un paxaro que produce un son similar a unha ra e despois uns chasquidos.

Illas Cíes – Escampado cerca dá pedra dá campá.

O que parece ser o son dunha ra escóitase entre a vexetación, pero despois o son desprázase o que nos indica que non se trata dunha ra voadora senón dun paxaro que posiblemente imita o sons do anfibio para facelo cantar e desta forma detectalo para comerllo.

Illas Cíes – Vento na fraga do sendeiro cara a a pedra dá campá.

Nesta fraga elevada o vento que move as ramas dos eucaliptos e piñeiros producindo un son abigarrado.

«Historia e cultura.

Dende moi antigo os homes visitaron e habitaron as illas Cíes (antigamente Siccas, «áridas»).

O primeiro asentamento evidente do que se ten constancia data da idade do Bronce (entre 500 e 100 anos a.c.) e é o castro sito nas ladeiras do Monte Faro.

Os romanos tamén coñeceron as Cíes, existindo escritos que falan delas, dos famosos autores Estrabón, Plinio, ou Diodoro. Suponse incluso que Xulio César pasou polas Cíes na expedición do ano 60 a.C., concretamente sometendo aquí os herminios.

Na Idade Media viñeron ás Cíes os Normandos e no século XI aparecen os primeiros eremitorios benedictinos. A finais do século Xlll, vólvense ocupar os mosteiros de San Martiño (illa Sur) e mais Santo Estevo (llla do Faro). No século XIV as tres illas tiñan cadanseu mosteiro, xa non de benedictinos se non de franciscanos. Na Idade Moderna (séc. XVI) sábese da recalada do famoso pirata Francis Drake. En 1617 preséntanse piratas berberiscos e a principios de 1700 prodúcese un despoboamento das illas ata finais de século, pola continuada presencia de corsarios e navíos de guerra ingleses e franceses.

Na primeira metade do século XlX pacifícase a situación, instalándose pesqueiras, almacéns e carabineiros. Familias procedentes da península do Morrazo, volven instalarse, vivindo da pesca, agricultura e gandería caprina e ovina. Nesta época constrúese o faro de Monte Faro. En 1840 ordénase a súa adscrición ó municipio de Vigo. Cara a 1970 son abandonadas definitivamente polos escasísimos habitantes, comenzando, tamén por estas datas, o auxe turístico, inda hoxe, en aumento. Na actualidade, tan só un nativo e mais o servicio de gardería forestal permanecen todo o ano nas illas.

En 1980 son declaradas Parque Natural e dende 1984 son propiedade da Xunta de Galicia.

Normativa do parque :

No Parque Nacional manteranse e apoiaranse aqueles usos e actividades tradicionais que, tendo contribuido históricamente a conformar a paisaxe, sexan declarados compatibles e regulamentado o seu desenvolvemento no plan rector de uso e xestión.

Non obstante, quedan prohibidos no interior do Parque Nacional todos aqueles usos e actividades que alteren ou poñan en perigo a estabilidade dos ecosistemas ou a integridade dos seus compoñentes.

Exceptúase da prohibición anterior a pesca artesanal de carácter profesional, que se realizará, sempre supeditada á conservación dos recursos naturais, de acordo cos obxectivos xerais da Lei 15/2002.

En todo o ámbito do Parque Nacional, sen prexuicio do desenvolvemento posterior do plan rector de uso e xestión, non poderán realizarse actividades que signifiquen deterioro ou alteración das condicións naturais do medio e específicamente as seguintes :

* O abandono de residuos e os vertidos de calqueira índole, en especial de productos tóxicos ou perigosos. * As acampadas fora dos lugares destinados a ese fin. * A circulación de vehículos de motor, excepto por persoal autorizado o para a realización de traballos de xestión e manteñemento do espacio. * A creación de infraestructuras e equipamentos non contemplados no plan de ordenación dos recursos naturais e no plan rector de uso e xestión. * A instalación de parques eólicos e a actividade extractiva de recursos mineiros e áridos. * A actividade industrial ou calqueira outra de singular incidencia na zona que non cumpla as regulacións do plan de ordenación dos recursos naturais e dos seus instrumentos de desenvolvemento e execución. * A sinalización publicitaria sen autorización do órgano administrativo correspondente. * A realización de calqueira actividade que poida supoñer a destrucción, deterioro ou transformación dos elementos naturais singulares da zona. * As plantacións ou a introducción de especies que non cumplan os requisitos contidos no plan de ordenación dos recursos naturais. * A realización de calqueira outra actividade contraria ás disposicións do plan de ordenación dos recursos naturais ou, no seu caso, do plan rector de uso e xestión. * A navegación polo interior das augas do Parque Nacional limitarase á necesaria para o cumplimento dos requerimentos da defensa nacional, a pesca artesanal, a derivada do uso público e da xestión do Parque Nacional, así como do cumplimento dos convenios de seguridade e salvamento no mar. * A práctica do mergullo, salvo autorización expresa nos términos e condicións que establezca o plan rector de uso e xestión, concedida con fíns de investigación, conservación e, no seu caso, uso público. * O amarre e atraque de embarcacións, salvo autorización expresa nos términos e condicións que estableza o plan rector de uso e xestión.

Servicios dispoñibles.

* Cámping (800 prazas). Teléfonos : 986 687050 y 986 438358 Época : Semana Santa e verán. * Cruz vermella. * Policía – Protección civil. * Teléfonos públicos. Gardería forestal. * Servicio de información. * Bares e restaurantes. * Centros de visitantes e Interpretación : o Illas Cíes (Sólo en verano) : Centro de Interpretación de Sto. Estevo. Teléfono : 986687502. o As casas forestais que están abiertas todo o ano teñen estes mismos teléfonos. * Liña de barcos ás Illas Cíes : o Compañía : Naviera Mar de Ons, S.L. Teléfono : 986 225272 Embarques : Vigo, Baiona, Cangas de Morrazo. Época : Semana Santa, verán e fíns de semana de primavera

Oficinas do Parque Nacional :

c/ Pintor Laxeiro, 45, Bloque I del Grupo Camelia, local 9. 36004- Pontevedra. Tlfno : 986.85.85.93 E-mail : islas.atlanticas@oapn.mma.es»

Información orixinal :Consellería de Medio Ambiente