Parque nacional das illas atlánticas II

7 diciembre 2007

 

PROXECTO FONOTOPÍAS DE GALIZA – SONS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 

Parque nacional das illas atlánticas II

Proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

«As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 13 de xuño do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza (décimo terceiro de España), cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza.

O Parque nacional componse exactamente das seguintes partes :

* Arquipélago de Ons : formado polas illa de Ons e pola illa de Onza * Illas Cíes * Arquipélago de Sálvora, que inclúe a illa de Sálvora * Illas de Cortegada, Malveira e outras do seu contorno

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.»

Galipedia

Illas Cíes – Insectos.

Nesta gravación percibimos un curioso efecto acústico producido polo son de dous insectos.

Illas Cíes – Xerador eléctrico dá casa do gardaparque.

O xerador eléctrico da casa do garda parque enmascara os sons dos insectos nocturnos desta zona, esta é unha mostra de como a contaminación acústica afecta o contido dos espazos sonoros.

Illas Cíes – Insecto no cámping.

Un insecto solitario interpreta os seus brillantes sons desde unha árbore.

Illas Cíes – Camiño a o camping

Escóitase un diálogo estereofónico entre os insectos da vexetación.

Illas Cíes – Ponte da illa.

Cara ao oeste (dereita) escóitase as ondas batendo contra as rocas, cara ao leste (esquerda) escóitase a auga que corre cara á lagoa cando sobe a marea.

Illas Cíes – Subida ao camiño ao faro.

Paisaxe da fraga con son dun tractor ao fondo.

Illas Cíes – Paxaros no camiño fronte a praia dá nosa señora 2.

Varias especies de paxaros cantan entre o ruído branco do mar e a actividade humana.

Illas Cíes – Praia dás Rodas cara a punta dás vellas.

Nesta toma escóitase o son das ondas mentres se moven no espazo da costa, despois unha bandada de gaivotas levantan o voo.

Illas Cíes – Paxaros do camiño forte a praia dá nosa señora 3.

Cantan os paxaros entre o ruído branco do mar e a actividade humana.

«Flora terrestre :

A actual cobertura vexetal das illas Cíes pon de manifesto un avanzado estado de alteración producida pola actividade humana aquí desenvolvida no transcurso do tempo.

O medio forestal é o que presenta o maior grao de transformación. A superficie arbórea autóctona, formada polo cerquiño (Quercus pyrenaica) queda reducida a escasos e pequenos núcleos illados mentres que especies exóticas coma o piñeiro e o eucalipto ocupan preto da cuarta parte da superficie do parque.

Entre as especies do mato dominado polo toxo (Ulex europaeus) e a carpaza (Cistus salvifolius) hai que destacar a presencia de especies de distribución mediterránea como a xesta mansa (Osyris alba) ou a esparragueira (Asparagus sp.).

Outros medios como as praias, dunas e acantilados aínda manteñen as súas interesantes comunidades vexetais en bo estado de conservación. Nestes espacios atópanse especies de alto valor biolóxico, ecolóxico e científico, ben por seren endémicas do litoral galaico-portugués ou ben por seren consideradas raras ou ameazadas.

De entre estas plantas hai que destacar a presencia da herba de namorar (Armeria pungens), a camariña (Corema album), tomiño bravo (Helichrysum picardii virescens), carraspique (Iberis procumbens), Calendula algarbiensis ou Angelica pachycarpa.

Fauna terrestre.

A gaivota clara patiamarela (Larus cachinnans) é a especie máis abundante do Parque Natural, con 22.000 parellas reproductoras que constitúen a máis numerosa colonia mundial

O corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), con 1.000 parellas reproductoras, constitúe a máis numerosa colonia do suroeste europeo e unha moi importante representación das poboacións mundiais desta especie.

Respecto do corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) invernante, existe un durmideiro de ata 1.000 aves utilizado por individuos da ría de Vigo e desembocadura do Miño. Unha especie de certo parecido ós pingüins, o arao (Uria aalge), antano moi abundante no N.O. Ibérico, conserva actualmenle unhas escasísimas representacións non reproductoras.

Finalmente crían, moi localizadas, algunhas parellas de gaivota escura (Larus fuscus) e mais de paíño (Hydrobates pelagicus), ámbalas dúas escasas na Península Iberica.

A importancia das aves mariñas posibilitou a declaración das lllas Cíes como ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) por parte do Estado español e a Comunidade europea.

Outras aves de interese son o grupo das rapaces (azor, miñato, falcón pelegrín,…) e as aves que teñen como hábitat os acantilados (choia, cirrio real, corvo, grallas, pomba brava …). Gran cantidade de paxariños nidifican, invernan ou descansan das súas viaxes migratorias nestas illas.

O coello, o ourizo cacheiro e mais a mítica lontra, outrora abundante e hoxe ocasional, son os únicos mamíferos silvestres de certo porte presentes actualmente. Introducida hai séculos, existe tamén unha problemática poboación de rata común (Rattus norvegicus). Os morcegos están representados cando menos por dúas especies, existindo tamén outros micromamíferos.

Os anfibios, debido á escaseza de augas, son infrecuentes, mentres que os réptiles manteñen elementos interesantes, como o escáncer de 5 dedos (Chalcides bedriagai) exclusivo de lberia e escasísimo en Galicia ademais do lagarto arnal, lagartixa ou pequenas cobras, todas inofensivas e non velenosas.

Fondos submarinos :

Encóntranse nas lllas Cíes algúns dos ecosistemas máis significativos das costas galegas, en canto a flora e fauna submarinas se refire. O perímetro deste Parque integra gran variedade de biotopos costeiros e mariños, entre os que destaca o espectacular bosque de algas pardas dos xéneros Laminaria e Sacorhiza, ademais de contar nos seus fondos con restos de valor histórico e arqueolóxico.»

Información orixinal :Consellería de Medio Ambiente