Paseo Sonoro pola Península do Morrazo

18 julio 2006

O concello de Cangas pertence á provincia de Pontevedra. Situado ao sudoeste da provincia do Morrazo, limita ao norte con Bueu, ao sur coa ría de Vigo, ao leste con Moaña e ao oeste co oceáno Atlántico. Cunha extensión de 38,1 Km2, recolle as parroquias de Aldán, O Hío, Coiro, Darbo e Cangas.

Berio e Chiu organizaron unha pequena viaxe na unidade móvil para gravar algunhas Paisaxes Sonoras ao longo da costa. Na seguinte fotografía pódese ver a situación xeográfica da Comarca do Morrazo no mapa de Galicia.

A primeira gravación foi na praia de Liméns, a moi poucos kilómetros ó Oeste de Cangas do Morrazo. Esta praia ten unha extensión de 500m. de lonxitude e un Camping que lle da vida nos meses de verán. Chegamos nas unidades móviles, (duas bicicletas equipadas con alforxas para levar os materiais), e despois de percorrer con elas as pasarelas de madeira chegamos ao fondo da praia e fixemos a primeira gravación.
(Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor 🙂

A seguinte gravación foi a moi poucos metros da primeira. Subimos ata o Parque Medioambiental de Liméns e alí, dende un penedo, fixemos o segundo rexistro. Cando esperábamos escoitar sons típicos dun paque natural (paxaros, insectos, árbores axitadas polo vento…), atopámonos cunha gravación chea de voces de nenos e pais que xogaban nunha pequena praia a 200m máis abaixo.
(Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor 🙂

Seguimos avanzando nas bicicletas, pero o cansancio e o sol fíxonos esquecer a idea de facer unha gravación na praia de Nerga, así que seguimos ata Viño, unha praia para espidos, e alí fixemos a terceira gravación.
(Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor 🙂

E xa de volta a Vigo, démonos conta de que o «Mar de Ons», o barco que cruza a ría entre Vigo e Cangas, ten os seus días contados. Estase falando da construcción dunha nova ponte que atravese a ría, e tamén de incorporar Hovercrafts para estas rutas. O son do «Mar de Ons» está, entón, en perigo de extinción. Fixemos dúas gravacións dos primeiros e dos últimos minutos desta viaxe. Na segunda gravación pódense escoitar algunhas voces anónimas, (ao final da gravación), que estamos seguros que serven de testigos dunha viaxe «tipo» entre Cangas e Vigo.
(Esta Paisaxe Sonora xa forma parte deste arquivo sonoro puidéndose escoitar dende o mapa, tamén se pode escoitar no seguinte reproductor 🙂

REXISTROS FOTOGRÁFICOS/PICS