Paseo Sonoro por Corme [3-3]
PARTE 3 (DE 3)
O luns día 2 de Abril de 2007 o equipo de Escoitar.org desprazouse ata Corme para participar nas actividades da semana cultural: O XARABAL DO RONCUDO, organizada pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal. Alí fomos Berio Molina e Chiu Longina. Fomos recibidos por José Ramón Varela, un Cormense de ascendentes e presidente da Casa de Galicia en Guipúzcoa quen nos presentou a Suso Lista, que fixo as veces de guía na actividade «coñece como se extraen os percebes»:
Luns 2 de A bril Coñece como se extraen os percebes. (ás 9:00h na Lonxa) Visita guiada ós puntos de extracción de percebe. Explicación práctica por un profesional nun roteiro polo Roncudo e o seu entorno. Acompañando o roteiro ira escoita.org nun proxecto de reciclaxe músical encamiñado a elaboración dun mapa sonoro de galicia.
Acerca de Corme: (información literal da Web da Asociación de Veciños Eduardo Pondal)
Corme é un porto de mar situado na parte Norte da ría de Corme e Laxe, na desembocadura do río Anllóns. Forma parte do Concello de Ponteceso, partido xudicial de Carballo, provincia de A Coruña, da que dista 63 Km; 30 Km. de Carballo, 9 Km. da capital do municipio e 90 Km. de Santiago. Está pois na zona costeira da bisbarra de Bergantiños, e no seu Cabo Roncudo, a 2,3 Km do pobo cara o NO, considerase que comenza a denominada “Costa da Morte”.
Un dos obxetivos de Escoitar.org é a localización e rexistro de sons de pertenencia, aqueles que definen o carácter acústico dos lugares ou a súa identidade sonora. No caso de Corme e do Roncudo, estaba claro que tiñamos que gravar sons da actividade dos percebeiros, como así foi, pero afondando a través de enquisas e conversas con forzas vivas e habitantes da zona chegamos á conclusión de que, ao marxe da actividade percebeira, hai tres sons que os habitantes da zona recoñecen como propios:
O son das gaivotas
O son do Vento esbarando polas rúas do pobo
O son das campás da igrexa tocando a morto
Non tivemos a sorte de rexistrar estes tres sons: facía moi bo tempo, non houbo chegada de barcos de baixura e non morrera ninguén no pobo ese día.
O que si fixemos é facer moitas gravacións de campo que agora listamos neste artigo (publicado en tres partes).
GRAVACIÓNS DE CAMPO (PARTE 3)
Percebeiros na punta de Roncudo. Escóitase os sons das rasquetas apañando percebes e a voz de Suso Lista, un mariñeiro que cantaba as ondas. Hoxe é luns 2 de abril de 2007.
Comendo no Restaurante Miramar de Corme, na Comarca de Bergantiños. Hoxe é luns 2 de abril do 2007 e o restaurante está cheo.
Estamos perto da Punta de Roncudo, en Corme. Dúas mulleres apañan percebes e a marea vai subindo. Xa é horade recoller.
Corme, 2 de abril de 2007. Dous homes e unha muller traballan coa rasqueta dos percebes. No rexistro pódese escoitar este son. Estamos a casi un kilómetro ó norte da punta de Roncudo
Corme e Roncudo, os reis do percebe. Non é doado transmitir con son as sensacións que de viven ao acompañar ós percebeiros. Nesta gravación pódese escoitar como dous homes e unha muller loitan contra as ondas e o vento para descubrir os percebes agochados.
Paseo por Corme. Punta de Roncudo, á dereita do Faro. Son as catro da tarde do día 2 de abril e o mar bate forte contra as rochas.
Agradecementos a Suso Lista, Nacho Muñóz, José Ramón Varela e a todos os habitantes de Corme que facilitaron o noso traballo e fixeron desta xornada un día moi importante para a traxectoria de Escoitar.org. Grazas a todos.