Paseos sonoros por cidades: Vigo1

27 noviembre 2006

O Paseo Sonoro por Vigo é o resultado dun Obradoiro/Taller impartido no MARCO de Vigo no que participaron 12 persoas: Alfonso García Agulla, Carlos Suárez, Diego Fernández, Eduardo Irago, Ignacio Pérez Jofre, Javier Buján, Virginia Prego, Jorge Rodríguez Soto, Luis Bará Barbosa, Rafa Jiménez, Ramona Rodríguez, Roberto Taboada e Txe. Con eles todo o equipo Escoitar.org: Berio Molina, Juan-Gil, Julio Gómez, Horacio González e Chiu Longina.

Preguntas que se lanzaron ó inicio do obradoiro:
¿A qué soa Vigo?
¿Existen sons na cidade que os vigueses identifiquen como propios?
¿É Vigo unha cidade ruidosa?
¿Quere dar un Paseo Sonoro pola cidade?
¿Pódese escoitar o son de Vigo no Google-Map?
¿Qué son as Postais Sonoras de Vigo?
¿Ten esta cidade un mapa sonoro?

Estas e outras preguntas serviron de base para o traballo neste obradoiro sonoro cuxos primeiros resultados podes escoitar neste sitio. Unha aproximación ao son dun lugar é unha aproximación ao seu patrimonio. Neste obradoiro saliuse a gravar Paisaxes Sonoras de Vigo tratando de atopar eses sons propios da cidade, aqueles que os vigueses recoñecen deste xeito e que serven para axudar a construir a súa identidade.

Ésta é só unha mostra desta actitude hacia o patrimonio cultural inmaterial desta cidade, o seu son. Agora pasámoslle o relevo ós habitantes da cidade, (os ointes), para que colaboren no que os Vigueses consideran o seu «Patrimonio Sonoro».

Fotos no Flickr

PAISAXES SONORAS DE VIGO

Gravación na estación de RENFE de Vigo, no tren que vai a Oporto
Roberto Taboada

Autobus circular
Diego Fernández

Gravación na estación de tren de Vigo
Roberto Taboada

Gravación dentro do tren das 19h que vai de Vigo a Oporto
Roberto Taboada

Paseando por la Gran Via de Vigo…
Ignacio Pérez Jofre

Gravación do paseo pola rúa Urzaiz de Vigo
Ignacio Pérez Jofre

Gravación do paseo pola rúa Urzaiz de Vigo
Ignacio Pérez Jofre

Paseo sonoro pola exposición «A Mostra Invisible» no MARCO de Vigo
Ignacio Pérez Jofre

Gravación na quinta pranta do centro comercial Corte Inglés en Vigo
Ignacio Pérez Jofre

Gravación no corte inglés de Vigo, o venres ás 8 da noite. Na sección de planchas «planchamos a orella»
Ignacio Pérez Jofre

Paseo sonoro pola Porta do Sol, Don Gregorio, Praza Constitución e Paseo Alfonso
Javier Buján

Bar «La Mina», Casco Antiguo, Vigo. Segunda grabación
Javier Buján

Entrevista ós veciños de Vigo, sobre o son da cidade
Virginia Prego y Jorge Rodriguez

Paseo entre rúa do Príncipe e porta do Sol
Javier Buján

Gravación do embalse de Zamáns, coa idea de gravar os ruídos producidos por Vigo pero emitidos fóra da cidade
Eduardo Irago e Berio Molina