Sons da Semana Santa na Coruña

23 abril 2011

Viernes 15 : Procesión de la Virgen de los Dolores

Esperando a saída
A procesión que abre a semana santa da coruña desperta grande espectación. Son numerosos os curiosos que se arremolinan á porta da igrexa de san nicolas esperando a sua saida.


Saída da procesión
A imaxe da dolorosa sae da igrexa e a xente emocionada rompe en aplausos. Acaba de comezar a semana santa na cidade da coruña.


Paso das cofradías por San Andrés
@s cofrades pasan caladiños por unha das ruas principais da cidade, onde todo é solumenidade, e só os picos metálicos das cruces que portan @s membr@s da cofradía nos recordan que unha procesión está a pasar.


Chegada a Rúa Nova
A procesión baixa por San Andres e chega a rúa nova.


Canto da coral do cruce da rúa nova con San Andrés
Unha coral espera a chegada da imaxe da dolorosa, que despois de ser xirada convenientemente polos costaleros, é agasallada por esta cun tema para que alivie en parte as suas penas.


Canto da coral do Casino na rúa real
Outra coral espera o paso da dolorosa ao entrar na calle Real para regalarlle outro tema.


Chegadata ao templo
A xente espera impaciente a chegada do paso da Dolorosa, que xa hai tempo é anunciado polos repicar dos tambores que veñen sonando dende a calle real. Emoción a raudales na primeira procesión da senama santa na cidade herculina


Entrada no templo
Entre vitores, loas e aplausos, a imaxe da Dolorosa é introducida, despois de rematar o seu recorrido procesional, na igrexa de San Nicolas.


Domingo 17 : Procesión del Paso de la Borriquilla


Saída da procesión da borriquita
A procesión de domingo de ramos sae do templo dos capuchinos destino a praza de vigo custiodada polas bandas de tamborileros e os fieis que levan a costas os seus ramos para a bendición


Chegada da procesión á praza de Vigo
Os membros da comitiva da procesión van entrando, pouco a pouco, na praza de Vigo onde xa dende hai tempo unha chea de fieis, cargados cos seus ramos de olivo esperan para a bendición.


Bendición dos ramos
No domingo de ramos, a procesión da borriquita da coruña fai unha parada na praza de Vigo, onde se bendicen os ramos. Entre cantos modernos, megafonías, e o falar de xente, os ramos quedan bendecidos ao ser axitados polos presentes.


Entrada da procesión de volta na igrexa do capuchinos
Entre trompetas i esttruendosos tamboriles chega de novo a procesión da borriquita ao seu punto de partida, a igrexa dos capuchinos, onde toda unha requa de fieis agarda impaciente a sua chegada.


Domingo 17 : Procesión del Ecce Hommo-Cautivo


Arranque da procesión do Ecce Homo Cautivo
Os tambores marcan a saida do paso da procesión do Ecce Homo na coruña. Podemos escoitar claramente, entre tamboril e tamboril, o falar da xente, e as instruccións ao costaleiros para levar a carga acompasadamente.


Soleá ao Ecce Hommo
Non é Andalucía, é Galicia. Non é Sevilla, é Coruña… Pero tamén aquí a xente canta a dor da sua religión…


Saida da procesión do Ecce Hommo da praza de Carlos I
A procesión abandona a igrexa da orde tercera da coruña cos seus pasos dirección á sua ruta habitual de cada ano


Paso da procesión pola Colexiata
Ao pasar á altura da colexiata os sons da procesión descompoñenses nun sinfin de tamboriles, trompetas, trombons, gaitas, e xente curiosa, e fervorosa, falando e comentando a procesión. De cando en vez, tamén, algunha gaivota.


Chegada da procesión a praza de María Pita
A procesión chega a praza principal da cidade e o seu estruendo e colorido esperta o interes da xente que se encontra na praza.


Paso da procesión pola praza de Azcarraga
Os sons do cantar dos paxaros e do fluir da auga na fonte da praza de Azcarraga quedan interrupidos polo tañir dos sons do paso da procesión, que enche de estruendo e solemnidade a paisaxe.


Chegada da procesión ao seu destino
A procesión do Ecce Homo chega ao seu final, onde é saudada con aplausos polos fieis que a acompañaron ou que están esperando por ela na igrexa.


Lunes 18 : Procesión del amor, el perdón y la misericordia

Sen gravacións


Martes 19 : Procesión de la Piedad

Sen gravacións


Miércoles 20 : Procesión del Santísimo Cristo del Buen Consuelo


Paso da procesión pola praza de Azcarraga
Os costaleiros arrancan con esforzo a imaxe do paso, mentres a xente comenta as suas cousas na procesión, e os tambores de cabeza e cola confundense formando unha arrítmia típica de semana santa. Cando a banda pasa, os acordes dos seus metales confundense co son da auga caendo polos caños da fonte da praza. Foto de Pilar Vila.


Chegada a igrexa da orden tercera
A procesión lentamente chega de novo a igrexa. O son das gaivotas confundese co tañer das percusións reverberadas pola pedra das construccións da cidade vella. Pouco a pouco aparecen os metais e a solemnidade aumenta por momentos.


Entrada da imaxe do cristo na igrexa
Despois de rendir homenaxe á imaxe do cristo, este é deshizado e metido na igrexa coas sabias indicacións do mestre de costaleiros, entre os aplausos dos congregados.


Marcha das bandas ao remate da procesión
Despois de ter acompañado á procesión por todo o seu recorrido, e unha vez introducido o cristo na sua igrexa, as bandas retíranse a paso marcial, buscando, seguramente, novos pasos aos que asistir. Foto de Pilar Vila.


Jueves 21 : Procesión de nuestro Padre Jesús Nazareno y Nuestra Señora de la Amargura


Saída da procesión
A xente espera na saída da procesión, mentres un barullo de tambores, gaitas e metais anuncia a quen queira escoitar o arranque da procesión. Aplausos cando @s colsteleiros sacan as imaxes da igrexa.


Paso da procesión á altura da Colegiata
As pedras da cidade vella reverberan o sonar dos metais e tamboriles que acompañan a procesión. Mentres os paxaros da praza parecen querer competir con eles e o falar da xente queda afogado polo bater impertérrito do compas da procesión: Tran, tracatracatran, tran, tracatracatran, tran, tran, tran…


Encontro dos pasos na rua da Amargura
As gaitas retumban mentres os pasos da Nosa Señora da Amargura e o Noso Pai Jesús Nazareno encontranse un frente ao outro na empinada rua da amargura. Mais traballo para os costeleiros.


Aria interpretada no encontro dos pasos
Interpretada entre un respetuoso silencio só interrumpido polo sonar dos clicks das cámaras fotográfica, unha ária que sona clara como a auga entre as pedras, quere reflejar o dolor e solemnidade da semana santa. Aplausos ao final, e costeleiros izando as imaxes para o encontro. Novos aplausos.


Arranque da procesión despois do encontro
Despois do encontro dos dous pasos, a procesión do Noso Pai Jesús Nazareno e a Nosa Señora de la Amargura continua organizadamente, entre o sonar dos aplausos a@s costeleir@s, as instruccións dos maestros de cada paso, e o falar d@s costeleir@s entre el@s para tentar organizar o asunto algo ben. De fondo, imperterrito, continuo, e case que ajeno ao seu sufrimento, o tronar dos tambores… Arramca de novo a procesión de volta cara a sua igresia.


Paso da procesión pola praza de Azcárraga
Entre o chiar dos paxaros e o chisporrotear da auga na fonte, a procesión enche de sons nada habituais a outrora calma e tranquila praza de azcárraga.


Chegada da procesión á Igrexa
Entre as primeiras gotas de chuvia, que este ano respetou a procesión, a banda entona o himno, e as imaxes dos pasos son introducidas de novo na igrexa. Ao rematar, a solemnidade rómpese, a banda marcha a toda pastilla (non vaia ser que se molle), e a xente comenta, fala, e saludase entre ela.


Viernes 22 : Vía Crucis Penitencial

Cancelación da Procesión

Viernes 22 : Vía Crucis Penitencial

- Cancelación da Procesión
- Peche das portas da Igrexa
- Paseo da Imaxe da Virxe polo interior da igrexa
- Via Crucis interior
- Recolocación da imaxe da Virxe

Viernes 22 : Procesión del Santo Encuentro

Sen gravacións

Viernes 22 : Procesión del Santo Entierro

Sen gravacións

Viernes 22 : Procesión de Nuestra Señora de las Angustias

- Esperando a saida
- Saida da procesión
- Saeta para a Virxen
- Chegada da procesión
- Introdución no templo da imaxe

Sábado 23 : Procesión de Nuestra Señora de la Soledad (dos Caladiños)

En proceso de edición

Domingo 24 : Procesión de Jesús Resucitado y Nuestra Señora de la Paz

En proceso de edición