Fiesta de Clausura del Audio HackLAB de Escoitar.org en Vigo
Fecha:
Sábado 12 de mayo
Lugar:
Audio HackLAB Escoitar.org
Programa:
*Ponencia Virginia Prego: “Su mirada es sonora”.
*Presentación y proyección del documental “Topografías de abandono”, de la Asociación Alg-a.
*Puzzles: concierto/acción de Julio Gómez
*Dj_Set SINSALaudio
Hora:
De 19.00h. a 23.30h
Escoitar.org celebra su paso por el MARCO con una fiesta de clausura que cierra las actividades de este colectivo en el Laboratorio de Audio del Espacio Anexo. La exposición termina el 13 de mayo y la fiesta de clausura se celebra el sábado 12 a partir de las 19.00h. Fueron dos meses largos de trabajo con la ciudadanía para encontrar aquellos sonidos de pertenencia que definen la personalidad acústica de Vigo. Sólo queda procesar toda la información recogida y darle forma a la publicación que el Colectivo presentará en julio en formato DVD-Libro, la primera de una trilogía que continuará con una doble publicación en el CGAC de santiago y que cerrará el CD-audio de la Fundación Seoane de A Coruña, todas dentro del Proyecto-Edición, en el que está embarcado Escoitar.org.
PROGRAMA DE LA FIESTA DE CLAUSURA (en galego)
19.00h [PONENCIA VIRGINIA PREGO: “SU MIRADA ES SONORA”]
A escuridade revélanos que a mirada está suxeita á luz. Como descubrir a mirada na escuridade? O son axúdanos a crear unha imaxe daquilo que percibimos. Trátase dunha pequena historia que envolve unha antigua relación entre imaxe e son: “pintar o trono”
“pintar cousas que non poden pintarse” é o mais sublime que un artista podería lograr, representar o sonoro. É a particularidade sonora que envolve á pintura como concepto en si. De como unha imaxe fórmase dun son.
Non era muda a pintura?
Trátase de que o pintado fale ou “soe”. Aplicar o concepto da pintura que expresa o que a mente pensa tal como se reflicte nos seus movementos. O son como movemento, fricción, ruído, entendendo que se move polo espazo con toda a súa liberdade sen importarlle as coordenadas.
O res/verba de Leonardo da Vinci lévanos ata a posibilidade da pintura parlante. A voz que toca ao corpo, acaso fainos ver? Durante a emisión sonora a realidade táctil- pel-, esa fricción das materiais, penetra no pensamento do suxeito. A envoltura sonora é unha parte na formación do eu que se introduce no pensamento do suxeito convertido nun eco, o obxecto contén así unha realidade escoitada pola mirada.
Talvez, escoítase a pintura?
A través da unión da poesía e a pintura elaborar o valor sonoro para o que considero a escritura; porque inclúe a sonoridade das letras que gardan calidades tanto gráficas como fonéticas, calidades intrínsecas ás mesmas que aplicadas xogan un papel activo no espazo. Letra a letra fórmase unha rede que cada unha pode desempeñar en relación a todo no papel de contido. Sobre as palabras recaeu a tarefa de representar o pensamento; é o dialogo que se establece entre o visible -grafía da letra- e invisible -son da letra-, o xurdimento do mundo interior. …un neno: “tía, fálame; teño medo porque está escuro” e a tía que responde bruscamente: “¿Que ganas con iso? De todos modos non podes verme”. Ao cal respondeu o neno: “non importa, hai máis luz cando alguén fala”. Polo tanto, non tiña medo á escuridade senón polo feito de que botaba de menos a unha persoa querida, e puido prometer que se apaciguaría tan pronto como recibise unha proba da súa presenza.
Virginia Prego está elaborando a súa tese doctoural en Belas Artes sobre o “ruido” na Universidade Complutense de Madrid. Tras o seu paso polo Centro Harvestworks de Nova Iorke, traballou no Obradoiro de Paisaxe Sonora de Vigo o ano pasado e asistiu a cursos con Dora Garcia, Zachary Lieberman, Eduardo Arroyo, Mitsuo Miura, Joan Hernández Pijuán ou Darío Villalba. Fixo exposicións individuáis nas galerías Maria Prego e Sargadelos.
19.30h [PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “TOPOGRAFÍAS DE ABANDONO”, DO COLECTIVO ALG-A.]
O documental.
Unha reflexión crítica sobre os espacios abandoados e a nosa necesidade dun laboratorio de creación físico. “O cable fixo un emocionante percorrido por xardíns de veciños, baixos de coches aparcados, toxos e ramalla variada, ata topar cun furado no ladrillo que tapiaba a fiestra da nave principal. Por ese furado entrou a luz. a primeira luz artificial en moito tempo que viu aquel espazo foi o led do proxector.
A eso das 6 da tarde comezaron a chegar os primeiros visitantes. un pouco máis tarde proxectábase o documental «Topografías do abandono», un filme que fai un mapa dos espazos abandoados nas poboacións galegas (neste caso, Vigo), xunto cunha acción alg-a reivindicando un lugar físico de creación colectiva, e rematando cunha entrevista que lle fixemos ó arquitecto e artista Santiago Cirugeda [en breve, poderedes ve-lo video en alg-a.org]. Lugares abandoados proxectados sobre as paredes húmidas e mohosas doutro espazo ex-abandoado.”
Título: Topografías do Abandono
Dirección: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns
Edición / postproducción: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns
Cámaras: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns, Berio Molina Quiroga.
Voces off: Antía Sánchez Alonso, Natasha Crofton.
Música: Madame Cell
Documental na rede: http://www.alg-a.org/spip.php?article372
20.45h [PUZZLE: CONCERTO/ACCIÓN DE JULIO GÓMEZ]
Puzzles é unha manipulación arredor dos xiradiscos e os vinilos de cores. Aproximándose a traballos realizados polo movemento Fluxus durante a década dos anos sesentas, Julio Gómez debuxa unha nova paisaxe ensamblando pezas cortadas dos discos de plástico cos que crea collages visuáis -homenaxe a Marcel Duchamp- e acústicos – homenaxe a Christian Marclay-. Eses anacos que se intercambian mixturando as cores dos obxetos, ase como as súas formas aleatorias, tamén lembran o concepto do azar -homenaxe a John Cage- e fabrica con eles un novo instrumento de manipulación sonora -homenaxe a Dj Spooky-. ¡Dame dous discos e construirei un universo!
21.45h [Dj-SET A CARGO DO COLECTIVO SINSALAUDIO DE VIGO]
O Colectivo SINSALaudio de Vigo é un dos motores sonoros máis importantes da cidade. Responsables do Festival SINSAL, Música para catro estacións, este colectivo traballa dende o ano 98 en Vigo e grazas a él poidemos disfrutar de concertos memorables como os de Luna, Hood, Jeans Team, Explosions In The Sky, Múm, Dominique A, Donna Regina, Fursaxa, Six Organs Of Admittance, Non Neck Blues Band, Damo Suzuki, Low, Lali Puna, Berg Sans Nipple, Julie Doiron, Kid Dakota, Gang Gang Dance, Nina Nastasia, Wedding Present, Joan As Police Woman, CocoRoise, Pan sonic, Midaircondo, Josephine Foster, Isan, Salvatore, Orquesta Típica Fernández Fierro e un longo etcétera.
Agora eles son os encargados de pechar as actividades de HackLAB do Espazo Anexo. Farano cunha sesión dobre picando discos e tratando de encher o laboratorio daqueles sons que escriben a historia da arte sonora. Haberá un invitado especial chegado do veciño Portugal (ZETO).
Dossier de prensa