Galipedia (Wikipedia in Galician language) and the «soundscapes»

30 agosto 2006

From today Escoitar.org will be employed at the draft of some voices of the free encyclopedia Galipedia, especially the related ones to the world of the sound and of the sonorous environments. The first added «voice» is the definition of Sonorous Landscape.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Paisaxe_sonora

Soundscapes in Galician languaje:


Unha Paisaxe Sonora defínese como un ambiente acústico ou un ambiente creado polo son. Na súa concepción orixinal referíase ao ambiente acústico natural: os sons das forzas da natureza, os animais e os seres humanos. Deste xeito construía R. Murray Schafer o concepto de «Soundscape» [1].

Segundo este autor son varios os elementos dunha Paisaxe Sonora:

-Sons principais: Este é un término musical que identifica a nota principal dun son, non sempre audible (de forma consciente). Aínda que esta nota non se oia intúese, vólvese a ela. Os sons principais contornean o carácter da xente que vive no lugar en que se escoita (Schafer). Son creados pola natureza (xeografía e clima): vento, auga, bosques, vales, paxaros, insectos, animais. En moitas áreas urbanas, o tráfico converteuse no son principal.

-Sinais sonoros: Estes son os sons que están en primeiro plano, que se escoitan conscientemente. Exemplo: dispositivos de alarmas, campás, silbidos, sirenas, etc.

-Marcas sonoras: Unha marca sonora é un son que é único nunha área xeográfica. Contribúe á identificación dun lugar e forma parte do imaxinario sonoro común dos habitantes dese lugar. Unha vez que se identificou unha Marca Sonora, merece ser protexida, porque as Marcas Sonoras fan única a vida acústica dunha comunidade (Schafer).

As Paisaxes Sonoras combináronse tradicionalmente coas composicións musicais. Actualmente as gravacións de campo son elementos habituais nas creacións sonoras; unha porcentaxe moi elevada de obras actuais inclúen, dun xeito ou doutro, gravacións naturais moi procesadas.

Fai unhas décadas entendiase que unha obra con Paisaxes Sonoras era unha composición musical electroacústica que crea un retrato dos sons dun ambiente concreto. Dous exemplos de compositores que utilizaron Paisaxes Sonoras na historia da música, combinados con sons sintéticos, son: Barry Truax [2] e Luc Ferrari [3], deste último é a obra Presque rien, numéro 1 (1970), a primeira composición con paisaxes sonoras da historia oficial da música. (Roads 2001, p.312)

Certos autores empezaron a empregar o termo «paisaxe sonora» como sinónimo de imaxe sonora [4], o que desvirtúa o concepto por completo. Este é o caso de Trevor Wishart [5], quen na súa obra Símbolos e paisaxes sonoras (1986), define unha paisaxe sonora como a fonte imaxinaria dos sons percibidos. É dicir, como a recreación dunha paisaxe real, co que está definindo, algo similar o que se entende por imaxe sonora [6] (que tamén pode ser a recreación dunha contorna sonora irreal).

Na actualidade o concepto de Paisaxe Sonora excedeu as fronteiras da terminoloxía de composición musical para integrarse no acerbo común da linguaxe falada.


Seguir lendo…