Gravacións de campo : praia das Furnas
1 agosto 2006
A Praia das Furnas ten 2,5 kilometros de longo, con area blanca e augas limpas (bandeira azul). Rodeada de bosques e hortas, atópase preto das lagoas de Xuño e Muro (unha reserva ecolóxica), nas que tamén fixemos gravacións de campo.
Esta é unha das gravacións feitas durantes os dous días da Segunda Xuntanza Alg-a. Naqueles días Berio Molina e máis eu fixemos varias gravacións que xa están incorporadas ó mapa de escoitar.org.
Escóitase o mar, case como un ruído branco. Foi gravada o día 30 de xullo a primeira hora da tarde.
Aquí pódese ver unha vista de 360 graos da praia.
Escoitar a gravación :
. . .
FOTOGRAFIAS DO MOMENTO DA GRAVACIÓN