Gravando entrevistas no Plato de TV do HackLAB

23 abril 2007

Empezamos coa gravación de entrevistas. A coordinadora deste aspecto do proxecto é Ramona Rodríguez. Ao final do artigo o video final deste proxecto que nos chamamos de «extrañamento·

A EMIGRACIÓN
(o autofalante do século XXI)

Unha das grandes preocupacións, xa advertidas polo investigador Murray Schaefer na década dos setentas, é a facilidade coa que o ser humano da sociedade Contemporánea e perde a realidade sonora que está a vivir. Estamos tan “contaminados” pola hexemonía do visual e a velocidade tecnóloxica da era industrial que o noso entorno vital, incluso na intimidade do fogar, camiña hacia a escuridade, a sombra do silencio virtual: un aillamento sonoro que pretende esconder falsos paraisos acústicos namentras incitamos, provocamos e contaminamos o máis preciado: a paisaxe sonora. Esta fuxida hacia adiante afóganos diante da incapacidade de decatarnos do noso ben máis preciado, a natureza. E namentras non sexamos capaces de exercitar os nosos oxidados sentidos mal chamados secundarios, entre eles o ouvido, non seremos quénes de principiar a combatir unha batalla que non ten no decibelio, como tradicionalmente se cree, o noso pior enimigo, senon na homoxeneidade do son que a sociedade de consumo ten comercializado para todos-todas nós.

É por esas, detras desta declaración de principios baseada en grandes investigadores como Barry Truax, que na sociedade de hoxe en día un dos valores máis seguros para achegarnos ata a nosa paisaxe sonora non está tanto nos nativos de cada cidade senon naqueles que por diversas circunstancias tiveron que viaxar ata nós para compartir este paraiso acústico. Os EMIGRANTES, traballadoras e traballadores doutras partes do mundo son con toda seguridade os principaís valedores para saber ¿cómo soamos? e ¿a qué soamos?

Elas e eles son os que mellor poden retratar, fotografíar, a nosa realidade acústica e con elas e eles queremos traballar a paisaxe sonora local de cada unha das cidades pero sen perder de vista outra das grandes peculiaridades da sociedade acústica do noso tempo: a mestizaxe sonora. Sabemos que existe unha sociedade cosmopolita onde as cores, expresan unha diversidade cromática producto das sucesivas unións entre individuos de distintas razas. Sen embargo, eiqui temos outro claro indicador de ata que punto o poder do visual convive por riba do identidade sonora, somos quen de falar de mestizaxe de razas, de culturas, pero non somos capaces de recoñecer que é o son da lingua coa que se comunican as persoas: o primeiro sinal de identidade das migracións cando emprenden ese duro camiño de adaptarse á fala do país. A mestizaxe lingüistica é o primeiro sinal de identidade na sociedade contemporánea. Un grande puzzle ou collage sonoro onde as linguas e os seus acentos van traballando novas texturas sonoras.

As preguntas que respostaron en galego ou castelan, neste caso en relación a cidade de Vigo son:

1- Como se chaman (soamente nome) e de que país veñen.
2- Porque viron a Vigo.
3- Que foi o primeiro que escoitaron cando chegaron.
4- Cal foi o derradeiro son que lembran antes da súa viaxe.
5- A que soa Vigo para eles
6- Que sons recordan do seu pais-lugar de orixe?
7- Que son levarían de Vigo para o seu país?
8- Que son traerían do seu país e lles gustaría escoitar en Vigo.

Nunha segunda parte da entrevista fixeron o seguinte:

1- Reproducir un son do seu país, o no seu defecto unha cantar unha canción.

2- Conxugar en galego, calqueira tempo verbal dos verbos: sonar ou Escoitar: Por exemplo: Eu falo, ti falas, el fala, nos falamos, vos falades, eles falan. Eu escoito, ti escoitas, el escoita, nos escoitamos vos escoitades, eles escoitan.

3. Conxugar no seu idioma natural, calqueira tempo verbal, o verbo que non pronunciou en galego no punto anterior.

Deste xeito documentamos as dúas paisaxes sonoras, nativa e local cos dous verbos.

VIDEO