Gravando paisaxes sonoras de Santiago en varios obxectos
6 mayo 2008
Durante o Taller de Paisaxe Sonora e Auralidade, celebrado en novembro de 2007 no CGAC (Santiago de Compostela), Julio Gómez (de SINSALaudio), Chiu Longina e outros membros de Escoitar.org gravan unha paisaxe sonora en varios obxectos: unha radiografía anónima, un vaso de plástico e un vinilo recortado, todo iso no contexto da Historia da Gravación de Audio, un dos temas tratados no Taller.
Para a gravación utilizáronse dúas máquinas/xoguetes dos anos 50 que permiten imprimir son mediante unha agulla gravadora (comprados a un coleccionista).
Imaxes dos obxectos gravados: