Instalación Sonora, Festival ALT08, Vigo (por Escoitar.org)
RIDER TÉCNICO
*2 Proxectores (3000 lumens para a proxección e 2000 para a interface)
*Un ordenador cunha tarxeta de video que permita duplicar a pantalla e proxectar cun dos proxectores unha parte da interfaz e co outro a outra parte da interfaz (a maioría das tarxetas de video permiten esta dobre pantalla: Ati, Nvidia, Matrox, etc.).
*Unha peana blanca sobre a que proxectar a parte táctil da interfaz, na que se instalarán sensores de presión conectados a un teclado.
*Equipo de son sinxelo: preferiblemente 2-3 auriculares inalámbricos por bluetooth recibindo a sinal do mapa proxectado (para que duas ou tres persoas podan experimentar o paseo sonoro ó mesmo tempo). Este sistema inalámbrico evita a contaminación acústica doutras obras da exposición. Tamén pódese optar por tres auriculares conectados a un multiplicador (ladrón) de sinal de audio (varias entradas de cascos).
*Un teclado de ordenador estandar (105 teclas) co que se traballará para conectar sensores e botóns de funcionamento (o teclado desarmarase e despois da exposición non servirá).
*Unha impresión en vinilo de tamaño 1,5×1m para pegar na aparede cun texto explicativo sobre a instalación e sobre Escoitar.org.
VIDEO: INSTALACIÓN SONORA ESCOITAR.ORG EN FESTIVAL ALT08, VIGO