Obradoiro Paisaxe Sonora no Museo MARCO de Vigo

17 agosto 2006

OBRADOIRO DE PAISAXE SONORA PARA O MUSEO MARCO

DATA :
Novembro 2006
xoves 9, venres 10 (sesións teóricas)
sábado 11, domingo 12 (traballo de campo)
luns 13, martes 14, mércores 15 (o xoves 16 presentación de resultados)

Para información e matrícula chamar por teléfono ó Museo : 986 113900

FICHA DO OBRADOIRO

Título :
Paisaxe Sonora [Soundscapes]

Descrición :
A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero. No século XX asistimos a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística…). Ben sexan naturais ou unha construcción producto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben. Por esta razón, a actitude cara ó son dun lugar non só debe ser positiva, se non que débese estudar para identificar aqueles compoñentes que merecen a pena conservar, ou, incluso, restaurar. Unha aproximación ó son dun lugar é unha aproximación ó seu patrimonio inmaterial, que pode recollerse con fins estrictamente documentais, ou, no caso de “Escoitar.org”, o proxecto co que se traballará neste obradoiro, como materia bruta para a posterior análise cultural, para a creación artística e para suscitar debate e cooperación na rede.

Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes. Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saudable. Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos o “Postaís Sonoras”, e construir un mapa de situación (online) e unha descripción destes lugares a través da sua paisaxe sonora contribue á construcción da identidad dunha zona xeográfica ; o son como patrimonio, o son como documento histórico. Todo gracias ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático. Con este fin desenvolveuse un software adicado á publicación libre de paisaxes sonoras (Social Soundscapes) que permite a cualquera usuario participar subiendo audio ao sistema e colocalo automáticamente no lugar xeográfico no que ten sido grabado (o patrimonio sonoro consensuado). Neste obradoiro explicarase o proceso de construcción do proxecto libre, colaborativo e aberto Escoitar.org, baseado na API de Google-Map.

Coordinación :
Chiu Longina

Ponentes :
Horacio Gónzalez, Juan-Gil, Berio Molina, Julio Gómez e Chiu Longina

Formato :
30 horas de duración repartidas en clases de 4 horas, (unha semana, de mércores a martes, para contar cunha fin de semana no medio do curso).

Horário :
Clases diarias de 4 horas de duración (2+descanso+2). A establecer pola organización.
Presentación pública do traballo dos participantes ó último día do taller nun espacio adicado en sistema Surround 5.1 ou cadrafonía “Paisaxe Sonora de Vigo”.

Plazas :
A configuración ideal é de 20 persoas. Adaptable ás necesidades da organización.

Destinatarios :
Artistas, músicos ou creadores nas áreas da imaxe, son e multimédia interesados en desenvolver proxectos de creación sonora ou sonorización de obra plástica. No son necesarios requisitos previos, así que calquera persona interesada no curso será benvida. (Consultar información dos contidos).

Obxetivos :
O principal obxetivo é a introducción do participante no mundo da Arte Sonora, (concretamente na disciplina Paisaxe Sonora). Para elo utilizaranse proxeccións e audicións dos principais traballos e proxectos neste eido ao longo da historia. Falarase dos protagonistas e do actual debate arredor do son como documento histórico, símbolo de identidade e materia prima no traballo plástico. Preténdese que os participantes sexan capaces de afrontar un proxecto baseado na gravación e edición orixinal de audio. Aprenderán os principios da dixitalización do audio e o procesado posterior así como o montaxe final nun soporte físico e nun soporte virtual como a Web (publicaranse as paisaxes de Vigo no proxecto aberto e colaborativo Escoitar.org). Incidirase también nas posibilidades do audio como “material” de traballo para o artista introducíndose nas diferentes posibilidades de mostralo : a instalación sonora e os servidores de audio por streaming (en internet). Outro dos obxetivos é mostrar un retrato sonoro (instalación en Surround 5.1 ou Cadrafonía) da personalidade da cidade de Vigo, das súas xentes e do seu “ruido” ; a Paisaxe Sonora de Vigo. Todo elo con ferramentas e materiáis libres de dereitos (Linux Audio).

DETALLES DO OBRADOIRO:FUNCIONAMENTO

O obradoiro divídese en dúas partes :

Teoría :
*Iniciación á Paisaxe Sonora (dende o punto de vista etnográfico e artístico). [Chiu Longina e Juan Gil]
*Percorrido pola historia e a actualidade dos proxectos de Paisaxe Sonora internacionais. [Chiu Longina]
*Audio-conferencias : exemplos sonoros doutros proxectos similares e da Arte Sonora como disciplina. [Julio Gómez]

Práctica :
*Gravacións de Campo e tratamento informático do son (softwares varios, todos libres). [Berio Molina]
*Proceso de construcción do sistema Web aberto e colaborativo para a publicación de son : Escoitar.org. [Horacio González]
*Creación dunha Instalación Sonora [Paseo Sonoro pola cidade] para a exhibición pública ó remate do obradoiro. [Chiu Longina, Juan Gil, Julio Gómez, Berio Molina e os participantes no Obradoiro]

ESPAZO E EQUIPAMENTOS

O obradoiro impartirase nunha aula equipada con varios ordenadores (1 por cada 2-3 alumnos). Haberá varios Ordenadores Maestros -que aportan os poñentes- PC+MAC (host), conectados a unha Consola de Mixturas equipada cun Sistema Cuadrafónico (monitoraxe) y cunha Grabadora de DVD para a publicación final do traballo en algún dos formatos explicados no obradoiro.
Un proxector de Video (mínimo 1.500 Lumens) para a proxección de videos e da pantalla dos ordenadores host.

O inicio do taller entregarase un cd.rom a cada alumno cos siguientes conidos : *[Mediateca (html) sobre Arte Sonora, Paisaxe Sonora, Tendencias Postdixitais, técnicas de gravación e procesado de audio, introducción á síntese sonora, textos históricos sobre Arte Sonora, protagonistas do movemento…Máis de 2000 páxinas libres de dereitos en formato web.] *[Banco de sons puros, procesados e gravacións de campo para o traballo no obradoiro]
*[E-Book “Introducción al MIDI”. Diccionario MIDI. Edición de Audio. Principios do audio Dixital]

INFORMACIÓN DOS CONTIDOS

Cada clase de este obradoiro, ao marxe das partes técnicas (fundamentais), incluirá unha parte teórica na que se leerán textos decisivos na evolución da disciplina. Traballarase especialmente con textos históricos da corrente “Paisaxe Sonora” e faranse proxeccións e audicións das pezas importantes da historia da Arte Sonora (R.Murray Schafer, Barry Truax, Daniel Maggiolo, H.Westerkamp, José Manuel Berenguer, José Iges, Francisco López, etc.).

I. Técnica audio e software
.Características ideais de hardware e software. Instalación/desinstalación
.Consideracións xerais sobre o son. Audio dixital : definicións.
.Técnicas de gravación de campo.
.Dixitalización. As tarxetas de son. PCI, USB, FIREWIRE.
.Volcado de arquivos gravados ó ordenador.
.Edición e masterización. Procesado de Audio das gravacións de campo.
.Montaxe multicanal das obras sonoras.
.Queimado do soporte final para a exposición.
.Construcción da ferramenta Web Escoitar.org.
.Integración de Google-Map na Web.
.Instalación dos son do obradoiro na web pública.

II. Teoría Arte Sonora
.Arte Sonora. Artistas, obras. Vídeos de Arte Sonoro (sesións temáticas).
.Lectura e análise de textos : Arte Sonora, Paisaxe Sonora, Novo Ensaio (Glitch, Error dixital, tendencias post-dixitais, bootles, Mashups, Plunderphonics, etc), Etnomusicoloxía, Etnografía sonora, etc

Baixar a convocatoria oficial do Museo MARCO (.pdf)

PDF - 535.4 ko
Convocatoria do Museo MARCO

Ficha técnica do Curso (.pdf)

PDF - 420.7 ko
Baixar a Ficha do Obradoiro en pdf