Obradoiro «Paseo Sonoro por Pontevedra» para o Artech2006
OBRADOIRO DE PAISAXE SONORA PARA O CONGRESO ARTECH06
DATA :
Outubro 2006
xoves 26, venres 27, sábado 28 (sesións teóricas)
domingo 29 (traballo de campo)
Novembro 2006
xoves 2, venres 3, sábado 4
(presentación dos resultados no Congreso Artech2006)
Este obradoiro está dirixido a alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e para os participantes do Congreso Artech2006, 3º Conferencia Internacional de Arte Electrónico e Dixital.
FICHA DO OBRADOIRO
*Título :
Paisaxe Sonora de Pontevedra
*Descrición :
A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero. No século XX asistimos a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística…). Ben sexan naturais ou unha construcción producto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben. Por esta razón, a actitude cara ó son dun lugar non só debe ser positiva, se non que débese estudar para identificar aqueles compoñentes que merecen a pena conservar, ou, incluso, restaurar. Unha aproximación ó son dun lugar é unha aproximación ó seu patrimonio inmaterial, que pode recollerse con fins estrictamente documentais, ou, no caso de “Escoitar.org”, o proxecto co que se traballará neste obradoiro, como materia bruta para a posterior análise cultural, para a creación artística e para suscitar debate e cooperación na rede.
Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes. Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saudable. Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos o “Postaís Sonoras”, e construir un mapa de situación (online) e unha descripción destes lugares a través da sua paisaxe sonora contribue á construcción da identidad dunha zona xeográfica ; o son como patrimonio, o son como documento histórico. Todo gracias ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático. Con este fin desenvolveuse un software adicado á publicación libre de paisaxes sonoras (Social Soundscapes) que permite a cualquera usuario participar subiendo audio ao sistema e colocalo automáticamente no lugar xeográfico no que ten sido grabado (o patrimonio sonoro consensuado). Neste obradoiro explicarase o proceso de construcción do proxecto libre, colaborativo e aberto Escoitar.org, baseado na API de Google-Map.
*Coordinación : Chiu Longina
*Poñentes : Horacio Gónzalez, Juan-Gil, Berio Molina, Julio Gómez e Chiu Longina.
*Formato :
30 horas de duración repartidas en clases de 4,5 horas, (6 días repartidos en dúas semanas).
*Horário :
Clases diarias de 4,5 horas de duración (2+descanso+2). Presentación pública do traballo dos participantes ó último día do taller nun espacio adicado en sistema cuadrafónico : “Paisaxe Sonora de Pontevedra”.
*Plazas :
20-25 persoas.
*Destinatarios :
Alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e participantes no Congreso Artech2006.
*Obxetivos :
O principal obxetivo é a introducción do participante no mundo da Arte Sonora, (concretamente na disciplina Paisaxe Sonora). Para elo utilizaranse proxeccións e audicións dos principais traballos e proxectos neste eido ao longo da historia. Falarase dos protagonistas e do actual debate arredor do son como documento histórico, símbolo de identidade e materia prima no traballo plástico. Preténdese que os participantes sexan capaces de afrontar un proxecto baseado na gravación e edición orixinal de audio. Aprenderán os principios da dixitalización do audio e o procesado posterior así como o montaxe final nun soporte físico e nun soporte virtual como a Web (publicaranse as paisaxes de Pontevedra no proxecto aberto e colaborativo Escoitar.org). Incidirase tamén nas posibilidades do audio como “material” de traballo para o artista introducíndose nas diferentes posibilidades de mostralo : a instalación sonora e os servidores de audio por streaming (en internet). Outro dos obxetivos é mostrar un retrato sonoro (instalación en Surround 5.1 ou Cadrafonía) da personalidade da cidade de Pontevedra, das súas xentes e do seu “ruido” ; a Paisaxe Sonora da Cidade. Todo elo con ferramentas e materiáis libres de dereitos (Linux Audio).
FUNCIONAMENTO
O obradoiro divídese en dúas partes :
*Teoría :
*Iniciación á Paisaxe Sonora (dende o punto de vista etnográfico e artístico). [Chiu Longina e Juan Gil]
*Percorrido pola historia e a actualidade dos proxectos de Paisaxe Sonora internacionais. [Chiu Longina]
*Audio-conferencias : exemplos sonoros doutros proxectos similares e da Arte Sonora como disciplina. [Julio Gómez]
*Práctica :
*Gravacións de Campo e tratamento informático do son (softwares varios, todos libres). [Berio Molina]
*Proceso de construcción do sistema Web aberto e colaborativo para a publicación de son : co software creado por Escoitar.org que combina varias tecnoloxías como a API de Google ou o sistema de publicación de contidos SPIP. [Horacio González e Berio Molina]
*Creación dunha Instalación Sonora [Paseo Sonoro pola cidade] para a exhibición pública ó remate do obradoiro. [Chiu Longina, Juan Gil, Julio Gómez, Berio Molina e os participantes no Obradoiro]
INFORMACIÓN DOS CONTIDOS
Cada clase de este obradoiro, ao marxe das partes técnicas (fundamentais), incluirá unha parte teórica na que se leerán textos decisivos na evolución da disciplina. Traballarase especialmente con textos históricos da corrente “Paisaxe Sonora” e faranse proxeccións e audicións das pezas importantes da historia da Arte Sonora (R.Murray Schafer, Barry Truax, Daniel Maggiolo, H.Westerkamp, José Manuel Berenguer, José Iges, Francisco López, etc.).
I. Técnica audio e software
.Características ideais de hardware e software. Instalación/desinstalación
.Consideracións xerais sobre o son. Audio dixital : definicións.
.Técnicas de gravación de campo.
.Dixitalización. As tarxetas de son. PCI, USB, FIREWIRE.
.Volcado de arquivos gravados ó ordenador.
.Edición e masterización. Procesado de Audio das gravacións de campo.
.Montaxe multicanal das obras sonoras.
.Queimado do soporte final para a exposición.
.Construcción da ferramenta Web Escoitar.org.
.Integración de Google-Map na Web.
.Instalación dos son do obradoiro na web pública.
II. Teoría Arte Sonora
.Arte Sonora. Artistas, obras. Vídeos de Arte Sonoro (sesións temáticas).
.Lectura e análise de textos : Arte Sonora, Paisaxe Sonora, Novo Ensaio (Glitch, Error dixital, tendencias post-dixitais, bootles, Mashups, Plunderphonics, etc), Etnomusicoloxía, Etnografía sonora, etc