Paisaxe Sonora Cantada (250 voces). Por Escoitar.org
Lugar: Salón de actos da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación (CUVI, Vigo)
Data e hora: Venres 6 de xuño (xornada de mañán)
Organiza: Ponte Nas Ondas!
Colabora: Escoitar.org
A PAISAXE SONORA CANTADA DE ESCOITAR.ORG
A finalidade desta proposta, centrada na importancia da escoita e dos sons da noso contorno na configuración da identidade do territorio, materializarase nas seguines intervencións (30 minutos de emisión en total):
1.- Intervención lúdico-didáctica sobre algúns aspectos relacionados coa escoita, o son e as paisaxes sonoras. Enfocado como un xogo para a radio no que se emitirán paisaxes sonoras de algúns países e outros sons radiofónicos (onomatopeias, imitacións de sons da naturaleza, etc.). 20 minutos/por membros de Escoitar.org.
2.- Interpretación dunha paisaxe sonora vocal entre todos os asistentes ó evento Ponte nas Ondas (6 colexios do sur de Galicia e norte de Portugal). Cada un dos centros que participan prepararon a interpretación vocal dos diferentes sons que formarán parte da interpretación da obra vocal. A paisaxe sonora final será retransmitida en directo pola radio. 10 minutos
VIDEO-MONTAXE PARA A UNIDADE DIDÁCTICA
Escoitar.org e o proxecto PONTE NAS ONDAS! from Escoitar.org on Vimeo.
DESCARGAR A UNIDADE DIDÁCTICA
Neste documento facilítanse unha serie de actividades e exemplos previos que permitiron a comprensión e a valoración do son ambiental co fin de compartir unha experiencia de creación sonora. Entender a expresión musical como un xogo a partir dunha escoita creativa.