Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip
Esta é a documentación para o plugin Gis que o equipo de escoitar.org creou para o CMS SPIP.
O plugin Gis está desenvolto para a versión SPIP 1.9.2
Podes descargar o plugin dende o trac zone de Spip, nesta dirección:
http://files.spip.org/spip-zone/
Neste directorio atoparás varios arquivos .zip, que son varios plugins que podes usar en spip. Entre eles podes ver un que se chama gis.zip. Dalle clic e comeza a descarga. Unha vez que o teñas no teu disco duro, descomprimeo e sube a carpeta gis á carpeta plugins do teu sitio spip.
Unha vez subida a carpeta gis, vai á parte privada da web e activa o plugin.
Logo debes configurar o plugin, polo que tes que ir a Configuración e facer clic en Configurar Plugin Gis
Agora temos que conseguir a chave de Google maps para que poidamos empregar a súa API na nosa páxina web, polo que faremos clic na ligazón “conseguir”, ou nesta ligazón.
Unha vez na páxina de Google, aceptamos os termos do contrato, marcando a casilla correspondente, e poñemos a url da nosa páxina, donde imos empregar a API de google maps, por exemplo: www.escoitar.org. Logo dámoslle a xerar google maps API key.
Logo seleccionamos a chave que nos aparece e a copiamos:
A continuación, imos á ventá da configuración do noso plugin, pegamos a chave, dámoslle a ok, e xa temos o noso plugin configurado. Polo que podemos comezar a publicar artigos:
Para publicar un artigo con google maps dende a parte privada, imos a escribir un novo artigo, poñemos o titulo, unha cabeceira, un texto e dámoslle a validar.
Logo na venta do artigo, facemos clic nun botón que se chama despregar:
Facemos clic no mapa para marcar o punto a ubicar no mapa, aparece un icono e unhas coordenadas máis abaixo. Dámoslle ó botón actualizar, que hai ó lado das coordenadas:
Vemos como efectivamente, o icono aparece agora cada vez que imos ó artigo. Si quixeramos cambiar a ubicación no mapa, volveriamos a darlle a despregar.
Agora, só nos falta facer que o mapa apareza na parte pública, para o cal poremos a seguinte liña de código, no noso esqueleto, donde queiramos que apareza o mapa:
Si non se inclúe dentro dun contexto, mostrará todos os artigos da páxina, pero si se inclúe dentro dun contexto, por exemplo dentro dun bucle rubrique, ou poñendo un número nos criterios de selección do inclure anterior, como por exemplo {id_rubrique=1}
, só mostrará no mapa os artigos dese contexto; neste caso, os artigos incluídos na rubrique 1.
O globo que aparece no mapa, ó facer clic sobre un icono de ubicación, mostrara a cabeceira do artigo (#CHAPO
) e a primeira imaxe que subamos como documento do artigo, asimesmo tamén aparecerá un reproductor mp3, si adxuntamos un mp3 como documento ó artigo.
Truco: Si queremos amosar un mapa para cada un dos artigos, incluiremos a liña
dentro do esqueleto article.html, e na ligazón que nos dirixe a este artigo poremos o seguinte:
+ faremos un bucle gis dentro dun bucle articles, donde gardar as variables de lonxitude e latitude do artigo:
#SET{latitude,#LAT}
#SET{lonxitude,#LONX}
+ E na ligazón que dirixe a ese artigo poremos o seguinte:
BALIZAS E BUCLES DO PLUGIN:
Creouse un bucle gis para recoller as coordenadas da ubicación do artigo no mapa:
Asimesmo crearonse as balizas #LAT
e #LONX
, para recoller as coordenadas da ubicación do artigo.
Exemplo dun bucle gis:
#LAT
#LONX
ACTUALIZACIÓN 20/03/07 [10550]:
Implementouse no mapa poder acceder os artigos dinámicamente dende fóra do mapa, de forma que tendo unha lista de artigos, clicando sobre eles, aparezan automáticamente no mapa.
Para que suceda esto simplemente debemos crear un bucle como o que segue:
A novedade está na seguinte liña, que debe de estar escrita tal cal:
ACTUALIZACIÓN 28/04/07 [11688]:
Modificouse o plugin para que fora compatible con Internet Explorer. Hai importantes cambios á hora de facer o esqueleto, sin os cales non se verá o mapa. Podedes botarlles un ollo a estes cambios na páxina de test do plugin.
PRÓXIMAS VERSIÓNS:
En versións próximas crearase unha nova baliza #ZOOM, e un formulario para engadir un artigo con googlemaps dende a parte pública.
AUTORES DO PLUGIN:
Horacio González (horaciogd‘at’vhplab‘p’net)
Berio Molina (berio‘at’alg-a‘p’org)