Segundo obradoiro Arduino no HackLAB
Foi o martes 8 de maio, no HackLAB do MARCO.
1. Que é Arduino?
Arduino é unha plataforma open-hardware baseada nunha sinxela placa con entradas e saídas (E/S), analóxicas e dixitais, e nunha contorna de desenvolvemento que implementa a linguaxe Processing/Wiring.
O seu corazón é o chip Atmega8, un chip sinxelo e de baixo custo que permite o desenvolvemento de múltiples deseños.
Ao ser open-hardware tanto o seu deseño como a súa distribución é libre. É dicir, pode utilizarse libremente para desenvolver calquera tipo de proxecto sen ter que adquirir ningún tipo de licenza.
2. Para que podo utilizar Arduino?
Arduino pode utilizarse no desenvolvemento de obxectos interactivos autónomos ou pode conectarse a un PC a través da conexión en serie utilizando linguaxes como Flash, Processing, MaxMSP, etc … As posibilidades de realizar desenvolvementos baseados en Arduino teñen como límite a imaxinación.
Así mesmo, a súa sinxeleza e o seu baixo custo, recomendan o seu uso como elemento de aprendizaxe e iniciación no mundo da electrónica dixital.
3. Que versión de Arduino teño que utilizar?
Existen varias versións de Arduino. En función do noso interese pola placa deberemos elixir a que máis se adapte ao noso proxecto:
3.1 Placa serie
É a placa básica, e utiliza un interface RS232. Esta interface pode ser utilizado, ademais de para a programación da placa, para comunicarse con outros elementos externos que utilicen a conexión en serie como por exemplo un PC.
Esta placa é moi sinxela de ensamblar. O seu montaxe pode ser incluso un exercicio práctico que nos ensine a dar os primeiros pasos en ao mundo da electrónica dixital. Na web podemos atopar os esquemas así como os ficheiros CAD que mostran o deseño da mesma.
VIDEO