Showcase Alg-a no HackLAB Escoitar.org
SHOWCASE Alg-a [concertos IGMIG + Anna Moviek & Rafael Xaneiro]
O venres 27 de abril, continuando co programa de actividades do proxecto do Audio HackLAB ESCOITAR.ORG no Espazo Anexo, ofreceuse un Showcase do colectivo Alg-a, cun dobre concerto de IGMIG e Anna Moviek & Rafael Xaneiro, dous proxectos sonoros que teñen en común a experimentación co son como vía de traballo.
¿Que é alg-a?
Alg-a é uha [*comunidade*] de arte e acción [*libre.*], é tamén unha Asociación Cultural.
Naceu por unha necesidade de crear unha comunidade virtual que permitise o contacto entre os seus membros (a través de rede). Alg-a non é un medio de información, aínda que incorpora unha estructura de axencia de novas, tampouco é algo que emite para que alguén o reciba, senón que é algo que emite e recibe ó mesmo tempo e muta dependendo de quen se relacione con ela. O nome de alg-a, fai referencia ó contexto no que naceu a comunidade, e ó contexto no que habita. A toda unha masa de vida que existe baixo a superficie visible.
Os campos de acción desta comunidade son o laboratorio alg-a, un lugar onde levan a cabo diversas actividades como obradoiros, actuacións, estudos para creadores, intercambios, mediateca e convivencia, o netlabel ou a galería alg-a, dous espazos de publicación de traballos sonoros e visuais na rede, baixo licencias libres que permiten a súa distribución e copia, os textos alg-a, unha mediateca na rede, onde recopilan textos (entrevistas, pensamento, poemas, etc…) de xente ligada a alg-a ou de referencia e de interés comunitario e os artistas alg-a, unha base de datos dos artistas ligados ó proxecto alg-a.
+Info: www.alg-a.org
OS CONCERTOS NO AUDIO HACKLAB DO MARCO
19.00h, IGMIG
Matrimonio artístico entre ig e mig. Naceron nun tempo e nun espacio indeterminados entre milnovecentos e pico e dous mil non sei cantos, entre Souto Xusto e Arcade. A violencia dos primeiros ensaios nunha sombria adega abandoada rompeuse nunha gratitude cara o mundo e decidiron agasallarle sons ás obras das rúas e os almacéns de tubos.Mais adiante aniquilaron ós seus instrumentos convencionais e hoxe en dia sobreviven como prolongación de aparatos con sensores e microfonos para poder berrarlle mais alto ó mundo.
Nesta ocasión, coa única axuda de dous microfonos, IGMIG farán unha viaxe sonora intentando arrincar os sons ocultos que se poidan agochar entre as paredes do museo.
20.00h, Anna Moviek & Rafael Xaneiro
Con diferentes referencias e traxectorias individuais, Rafael Xaneiro, Pop e Ana Move converxen na experimentación sonora a través do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS), entidade que no decorrer dos catro últimos anos vén desenvolvendo un labor catalizador de esforzos múltiples en torno á improvisación como forma de arte, e en consecuencia dos cales xurdiron eventos periódicos como as Sesións Vibracionais na Sala Nasa (Compostela) ou experiencias integradoras como a Orquestra de Improvisación Libre, lugares pouco comúns na expresión musical do país aínda que cada vez máis frecuentes.
Nesta ocasión a clave vén propiciada pola combinación dos tres músicos nunha construcción que mestura a rica sonoridade natural dunha variada gama de instrumentos acústicos coas posibilidades de expansión-recreación que a tecnoloxía electrónica proporciona, pois é só a través desas fontes naturais orixinarias que o computador se alimenta para constituírense nun instrumento máis. Pop/María Move (Anna Moviek) e Rafael Xaneiro poñen deste xeito as bases para un xogo de improvisación vibracional no que tanto as partes como o todo son absolutamente irrepetíbeis.
Aquí tedes as fotos e videos destes dous fantásticos concertos.
VIDEOS