A praia de Valdoviño
Unha tarde de sábado na praia de Valdoviño no mes de Outubro apenas hai xente…só algunhas persoas paseando..pero nada que quede reflectido na gravación..só a son do mar….que brúa e salpica as rocas e que tamén salpica ás poucas gaivotas que pola area atrévense a pasear fronte a un mar embravecido. As rocas e eu eramos testigos daquela fermosa paisaxe agradable para a vista e para o oído. Todo encubeto dunha fermosa bruma que procedía do mar e que facía que a vista se perdera nela sen poder alcanzar a gran lonxitude da praia de Valdoviño.
A imaxe e a gravación están feitas por min con poucos minutos de separación entre ambas. Cunha grabadira marca Leiker e co micrófono que a mesma grabadora incorpora.