Batan de Sta. Maria de Mezonzo – Parada
A parada do batán parecese moito a pechadura dunha porta coas bisagras mal engraxadas. Nesta toma escoitase perfectamente como o chirrar das pezas de madeira é o único que queda cando o batán deixa de bater e de emitir en todo o espectro de graves, e como ese chirrar que cubria o espectro agudo, vaise volvendo grave ata desaparecer na memoria, i todo elo nunha fracción de segundo… é a maxia do son. De fondo, sempre, a auga, o rio, coma sempre, impertérrito.
Gravado cunha TASCAM HD-P2 e cun micro RODE NT-4