Camariñas – Porto de Camelle

Serie Sons da Costa
Camariñas – Porto de Camelle
Os agudos das pequenas ondas do mar, que baten contra as barquiñas do porto, enchen caseque toda a paisaxe no porto de Camelle. Vivos, cheos de matices, os agudos saltan con cada golpe, con cada pequena embestida que as lanchas reciben, creando unha paisaxe relaxante e mágica. Ao lonxe, xa en terra, algún can ladralle a sabe dios que intruso, e de cando en vez, as gaivotas levantan os seus cantos para facerse notar. Sons de mar nun pequeno porto da costa da morte.

Gravado cunha gravadora portatil da marca Zoom modelo H2, empregando os micros internos co patron de 120 grados.