Chantada – Antiga casa do concello

Gravación do ambiente nocturno da zona proxima á antiaga casa do concello de Chantada. é un día chuvioso de novembro. A auga domina a gravación. Sons de choiva caendo sobre o chan empredrado. Goteras e cañerías de desague botando a auga para fora. Algun automovil circulando. Conversas de algunha xente ao lonxe.

Fragmento de un minuto excaso dunha gravación de 4 minutos e medio. Recollida cunha videocamara domestica empregando os microfonos integrados. Formato nativo miniDV. Transferido a computadora de forma nativa (non convertido D/A/D ). Post-procesado en Soundforge. Renderizado a mp3 empregando o lame a 128 Kbits.