Coruña – Facultade de filoloxia

Aparcamento da facultade de filoloxía Elviña, o stress da cidade apreciase perfectamente, inda que filtrado en frecuencias e só poboado polos graves mais intensos, que dan idea da intensidade da circulación e do correr da vida moderna que apenas 500 metros mais a baixo está tendo lugar. Mixturado con este colchón, escóitanse algúns intrépidos paxaros que parecen quere competir contra este barullo. De fondo tamén, escóitanse algunhas voces, pois, non en vano, estamos nunha zona de concentración do saber humano.

Gravado cun gravador portatil Zoom H2 cos micros traseiros en posición de 120 graos.