Coruña – Obras da nova marina
Obras da nova marina
o mais chamativo nesta gravación son os agudos que se perciben claramente provenientes dos sopretes que os soldadores das bases subterráneas empregan para empatar os tubos sobre os que se amarrarán os pantalans. Ao mesmo tempo escoitase perfectamente o xerador eléctrico mecánico que lles dá corrente aos equipos da obra. Escoitase tamén de cando en vez algunha fresadora cortando metais, todo elo misturado cos típicos sons da zona de gaivotas, do mar subindo e baixando entre as pedras, e o curioso rinchar do pantalan do edificio da cafetería universitaria, que no momento de facer a gravación, debía facer tempo que non engraxaban. Tamén, como non, presentes os autos que de cando en vez circulan paseniños pola zona.
Gravado cun gravador portatil Zoom H2 cos micros traseiros en posición de 120 graos.