Coruña – Rampa de baixura de San Amaro

Na rampa de San Amaro a auga parece volverse maís líquida. Agudos reverberados e amplificados polas paredes de pedra parecen querer poñer a falar a auga. De repente as olas, rompendo con forza, enchendo de graves o espacio, e despois, cando a ola corre de volta cara atras, unha cascada de agudos calmosos. De fondo, co permiso da mar, adiviñamos o pasar de algún bus urbano.

Gravado cun gravador portatil Zoom H2 cos micros traseiros en posición de 120 graos.