Cova de Ceza. O Courel. Segundo tramo
Gravación no interior da Cova de Ceza.
Hora: 14:18
Data: domingo, 8 de agosto de 2023.
Toda a cova é percorrida pola auga que vén dunha lagoa subterránea e que ao saír vai dar ao lavadoiro de Ceza.
O son do fluxo da auga está presente en todo momento e chega a soar moi forte arredor dos numerosos saltos.
Nesta toma apréciase a forza do ruído da auga. Tamén poden escoitarse algúns pasos e a pouca reverberación que ten o lugar, dadas as formas tan irregulares que colle a lousa.
A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Miguel, Trus e Tereixa do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid e Ramón Almuinha. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.