Cris dende O Salnés

En verán gosto de durmir coa ventá aberta porque ule moi ben, a árbores e herba. Un día pensei en grabar o son que entra pola fiestra. Frente a miña casa hai un antigo pazo que ten unha especie de piscina de pedra, onde campan as súas anchas as rás. Por suposto, nestas datas os grilos tamén andan cantarines. Se escoitades.org ata case a fin desta pésima grabación, poderedes oir a un ave que coido que é unha especie de buho. é a festa da natureza. Espero que o ano que ven volvan cantar ainda que o olor a arbores, supoño xa non será o mesmo, porque arderon todos os que podía ver dende a miña fiestra. Unha mágoa non poder grabar tamén os olores.

nada, foi feita con un mp3 que ten a función de grabar… e moi mala!