culturagalega.org dende Santiago

A glorieta de Romero Donallo. Esta controvertida glorieta é un dos puntos con maior contaminación sonora de Santiago de Compostela. A confluencia de dúas das entradas á cidade: a da estrada de Padrón e a de Ourense provoca continuas conxestións nas horas punta. Esta gravación, realizada ás 15:20, comeza co enxordecedor aviso dun garaxe que se abre, mesturado coa música dun coche tuneado. Pouco despois, os semáforos póñense en vermello pero, a pesar diso, comeza a histeria colectiva das pitadas.

Teléfono Nokia 6280