Estación de Cabanas 02

Estación de Cabanas.

Serie estacións. Nesta estación parece non haber outra cousa mais que tráfico. Nada que ver coa estación. Son os sons dos turistas modernos que aproveitan a súa fin de semana para escapar a praia e aproveitar o bo tempo para tombarse o sol. Coches indo dun lado para outro. Motores arrancando, a ralentí, acelerando, efectos doppler, portas que se pechan, xente chillando chamando por outros… Sons da modernidade que apagan o natural doutros como o dos paxaros, que está presente, pero ao que temos que prestar moita atención para non chegar a perder. De repente unha mosca… Que igual que chegou, marchou.

Foto de Angel Lopez

Gravado cun gravador TASCAM HD-P2 empregando un micro estereo RDODE-NT4.