Estación de Miño – Castro 02
Estación de Miño – Castro
Serie estacións. Tranquilidade na vella estación de Miño. Os poucos paxaros que hai, cantan saudando a maña. De súpeto sons de ferranchina dunha obra próxima que parecen querer encher todo o espacio sonoro. Entre todo isto, impertérrito, sempre de fondo, o bruar do tráfico lonxano da nacional a Ferrol, e que enche o espectro de frecuencias graves. E o vento. moito vento, nun dia de vran nunha estación de tren ao carón da ria.
Foto de Angel Lopez
Gravado cunha gravadora TASCAM HD-P2 empregando uns micros RODE NT-4