Estación de Pontedeume 02
Estación de Pontedeume
Serie estacións. Os sons naturais dominan a paisaxe sonora desta estación. O correr da auga nunha fonte, mais o cantar alegre dos paxaros son o único que puidemos escoitar. Tamén o son dalgunha conversa de xente que ven paseando ata a estación e que descansa placidamente charlando nun dos bancos da estación. De cando en vez escoitamos o pasear dalguen pisando entre as pedras. De fondo, moi lonxe, o run run do tráfico da vila.
Foto de Angel Lopez
Gravado cun gravador TASCAM HD-P2 empregando un micro estereo RDODE-NT4.