Estación de Pontedeume

Estación de Pontedeume

Serie Estacións. A pesares de estar nunha das principais vilas de Galicia, na paisaxe sonora desta estación dominan os sons naturais. Os paxaros cantan e pían as súas anchas, sen que ningún son de carácter artificial se atreva a molestalos. Só de fondo escoitamos, moi lonxe, o run run grave e áspero dos sons do progreso, que, como unha pantasma, parecen querer adiviñarse, pero non se atreven a presentarse. Escoitase algunha presenza humana de xente que chega ata a estación nesta maña soleada a dar un paseo.

Foto de Angel Lopez

Gravado cun gravador TASCAM HD-P2 empregando un micro estereo RDODE-NT4.