Fereixinde – Renda – Igrexario
Igrexario. Algún veciño afanase coa motoserra a traballar no campo, mentres un sinfin de paxaros compoñen unha melodía chea de timbres e cores.Un galo ao lonxe anuncia que inda hai pouco que amaneceu, e de lonxe, o bruar baixiño do tráfico indica que non estamos moi lonxe da civilización. Algún panadeiro ao lonxe toca o claxon no seu reparto mañanero habitual. E mentres todo esto, paxaros, paxaros, paxaros e maís paxaros. Compoñendo unha sinfonia de agudos sen partitura nen pausa, improvisada e natural.
Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2 empregando os 4 micros internos. Editado e Mixturado na prataforma Ardour. Renderizado a Mp3 con Lame.