Fisterra – Porto de Fisterra

Serie sons da costa
Fisterra – Porto de Fisterra
Os pantalans rinchan mentres o mar bandea as embarcacións de un lado a outro e de riba pa baixo. Sons de rebouxos de mar cochando contra as lanchas, contra as pedras dos muros do porto. Cordas de amarre que se tensan e relaxan co baiven do mar. Unha sinfonía de armónicos soando ó compas que marcan as ondas do mar. De cando en vez algúns mariñeiros pasan falando das suas cousas e apurando o paso sobre os madeiros dos pantalans. Ambiente pesqueiro de mar na pequena punta galega da fin do mundo.

Gravado cunha gravadora portatil da marca Zoom, modelo H2, empregando os micros traseiros posicionados a 120 grados.