Igrexia de San Lourenzo (Meis) – Toma 03

Orientado cara a autovía, os sons do tráfico fanse moi presentes, enchendo todo dun colchón de sons mecánicos e industrais, que sonan, ameazadores, sobre os sons naturais do lugar: Paxaros, cans, galos… Un sinfin de melodías naturais que saudan o despertar dun día primaveral. De cando en vez, tamén, algunhas pisadas, algún coche, unha moto arrancando… sons que delatan que a pesar da relativa tranquilidade o ser humano non anda moi lonxe.

Gravado cos 4 micros internos dun gravador Zoom H2. Editado, postproducido e Mixturado a estereo en Ardour. Renderizado a MP3 con Lame.