Lalín – Ambiente na feira

Festa do cocido de Lalín. Doce e cuarto da maña. Nos postos da feira a xente compra, vende, regatea, negocia… O xenero vai e ven daco pacola… O do posto das cintas pon a xente a bailar, no chiringo da comisión tamen hai música, os cachibaches dos chinos e os nejros tamen montan barullo… as queixeiras anunciando o seu xenero… e algun feirante sacando a auga das lonas do seu posto… Sonoridade de postos de feira un dia de festa a principios do seculo XXI… Unha paisaxe sonora que dificilmente é escoitable fora da galicia moderna.

Gravación que pica sobre os -1 db’s, inda que hai paisaxes que chegan maís arriba. O espacio sonoro é amplio e dificil de discernir, aparecendo saturado por elementos sonoros amplificados que se misturan con voces i sonidos ambientais.