Láncara – Ponte de Carracedo 2
Cara da ponte augas abaixo. Corre o rio, enchendo co seu bulir tranquilo a paisaxe sonora dun fondo continuo e permanente que relaxa o espírito. Os paxaros, xogetean co espacio estero, pasándose de dereita a esquerda, ao lonxe, dándolle o contrapunto agudo e chisporroso ao monótono fungar do rio. Destaca a ausencia case total de sons derivados de presencia humana, como moito o bruir dalgún motor que parece mais un murmurio que outra cousa.
Gravado cunha Tascam HD-P2 empregando un micro Rode NT-4