Láncara – Ponte de Carracedo 3

Baixo un dos arcos da ponte, que está a seco para o caso de posibles desbordes do rio, cóllenos a choiva. Apenas percibimos o paso do rio, salvo por algúns borbotons de auga que provocan remuíños no cauce do rio. Os agudos provocados polo golpear da chuvia caendo contra a pequena vexetación do carón da ponte dominan esta paisaxe. Os paxaros, aos que pouco parece importarlles a choiva, tamén están presentes na gravación, aportando profundidade de campo, cos seus cantos agudos e brillantes.

Gravado cunha Tascam HD-P2 empregando un micro Rode NT-4